Emilio García Gallego
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Emilio García Gallego, nado en Cabreiroá (Verín) en 1947, é un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1947 ![]() Verín, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarEnxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Escola de Enxeñaría de Madrid (1971) e licenciado en Dereito (Barcelona, 1982), cursou materias de doutoramento na Universitat Politécnica de Catalunya e foi profesor de Mecánica do solo e cimentacións especiais na ETSA de Barcelona de 1974 a 1982 e de Consolidación de terreos brandos e frouxos no curso 1979-1980.
Foi enxeñeiro na Comisaría de Aigues do Pireneo Oriental, delegado para Cataluña da empresa Grandes Redes Eléctricas e xefe do Servizo de Portos da Generalitat, ademais de secretario da Comisión de Portos de Cataluña e codirector do Plan de Portos de Cataluña. Tamén foi director xeral de transportes da Generalitat, subdirector da Xunta de Saneamento e subdirector da Xunta de Augas da Generalitat. Director Xeral de Infraestrutura e Transportes da Xunta de Galicia, foi o primeiro presidente do ente público Gestor de Infraestructuras Ferroviarias (GIF), que presidiu entre 1998 e 2000. Foi o número dous da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas ata 2003, director xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia e presidente de Augas de Galicia e de Portos de Galicia.
Presidiu o Ente Xestor de Infraestruturas Ferroviarias adscrito ao Ministerio de Fomento e encargado da execución da infraestrutura de alta velocidade.
Premios
editarRecibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1999.