Emilio Durán Corsanego
Emilio Durán Corsanego, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1923 e finado en Madrid o 28 de maio de 2023, foi un xurista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1923 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 28 de maio de 2023 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
Representa: Coalición Popular 1 de xaneiro de 1986 – 5 de xullo de 1987 Lexislatura: II lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España | |
![]() | |
16 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas ![]() |
Ocupación | político, xurista ![]() |
Partido político | Coalición Popular ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFoi mestre de Primeira Ensinanza na Escola Normal da Coruña e profesor mercantil na Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña. En 1946 licenciouse en Dereito pola Universidade Literaria de Santiago, e en 1948 ingresou no notariado. Exerceu como tal en Ayorbe (provincia de Huesca), As Pontes de García Rodríguez, Cartaxena, Vigo, Bilbao e Madrid. En 1949 comezou a traballar como rexistrador da propiedade, cargo que exerceu en Sedano (provincia de Burgos), Ponte Caldelas, A Coruña, Palma e Madrid. En 2003 doutorouse en Dereito con sobresaínte cum laude.
Nas Eleccións xerais de España de 1982 foi elixido deputado pola provincia da Coruña por Alianza Popular.[1][2] Tras a entrada de España na Unión Europea foi nomeado deputado do Parlamento Europeo en 1986, cargo que mantivo até as eleccións do ano seguinte.[3]
Finou en Madrid o 28 de maio de 2023.[4]
Obra
editar- La autorregulación de la tutela. Editorial Universitaria Ramón Areces, 2007.
- "El automóvil y el Dr. Durán". Madrid, 1996. Accésit do V premio Fundación RACE.[5]
Publicou artigos biográficos sobre notarios e rexistradores da propiedade en Gaceta de los Notarios e Pausa. Tamén publicou traballos no Boletín del Colegio Nacional de Registradores de la Propiedad, e artigos en prensa sobre Hispanoamérica, a lingua galega e o Apóstolo Santiago.
Vida persoal
editarDescendente do médico de Feás Ángel Durán Villanovo, casou con Lucía de la Colina Unda, con quen tivo oito fillos e vinte netos.
Notas
editar- ↑ "Quién es quién en el nuevo Congreso de los Diputados", ABC, 24 de novembro de 1982 (en castelán).
- ↑ Ficha na web do Congreso dos Deputados (en castelán).
- ↑ Ficha na web do Parlamento Europeo (en castelán).
- ↑ Nocrolóxica en La Voz de Galicia, 3-6-2023, p. 45.
- ↑ González Martín, X. (2007): 120 anos de ciclismo galego. Vigo, Editorial Galaxia, páx. 21. ISBN 9788471541161
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na web Galegos.