Emilio Canda Pérez
Emilio Canda Pérez, nado en Ribadavia en 1911 e finado en Madrid o 10 de outubro de 1998[1], foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 ![]() Ribadavia, España ![]() |
Morte | 10 de outubro de 1998 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
Familia | |
Pai | Emilio Canda Adán ![]() |
Irmáns | Mario Canda ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Emilio Canda Adán. Foi redactor-xefe de Vida Gallega dende 1929 e, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, redactor-xefe e director do periódico falanxista ourensán Rumbo (1937), que despois cambiou o seu nome a Arco. Dirixiu a revista pontevedresa Mar, de Ediciones Céltiga, foi un dos fundadores, e despois director de Finisterre (1943) con Sabino Torres e Celso Emilio Ferreiro e en 1945 fundou a revista Ciudad que tamén dirixiu. Trasladouse a Madrid, dirixiu a revista Crítica e en 1954 fundou e dirixiu Ilustración Gallega. Como autor dramático estreou en Vigo en 1940 a comedia Maese Recuerdo e obtivo o Premio Nacional de Teatro en 1965 pola comedia Caminos de Damasco. Tamén foi guionista de cine.
Obras
editarTeatro
editar- En un cuarto de hora. Comedia en tres actos, 1941.
- Caminos de Damasco. Comedia dramática en dos actos, 1965.
Ensaio
editar- Consigna. Memorias de un Alférez Provisional, 1942.
Vida persoal
editarCasou con Carmen Moreno en 1952.