Emilio Aragón Álvarez
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Emilio Tomás Aragón Álvarez, máis coñecido como Emilio Aragón e ao principio da súa carreira como Milikito, nado na Habana, Cuba o 16 de abril de 1959, é un humorista, actor, músico, presentador, director de cine, guionista, compositor e empresario audiovisual español. Foi o presidente honorífico da cadea de televisión La Sexta. É fillo do famoso pallaso español Emilio Aragón Bermúdez, máis coñecido como Miliki (1929-2012).
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1959 ![]() A Habana, Cuba ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, presentador de televisión, guionista, produtor de cinema, presentador, compositor, actor, Pallaso ![]() |
Período de actividade | 1977 ![]() |
Familia | |
Familia | Family Aragón (en) ![]() ![]() |
Pai | Emilio Aragón Bermúdez ![]() |
Irmáns | Rita Irasema ![]() |
Sitio web | emilioaragon.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarPertencente á saga da Familia Aragón, é fillo de Emilio Aragón Bermúdez (Miliki) e de Rita Violeta Álvarez.
Comezou a súa carreira no programa El gran circo de TVE en 1977, co nome de Milikito, xunto ao seu pai, ao seu tío Gabriel Aragón Bermúdez Gaby, e ao seu primo Alfonso Aragón Sac Fofito. En 1981 abandona este programa que fora bautizado popularmente como Os pallasos da tele e dous anos máis tarde presenta na tempada 1983-1984 de Televisión Española o espazo Ni en vivo ni en directo que baseaba o seu contido en sketchs de humor. Máis tarde, en setembro de 1984 estreou en Madrid o musical Barnum, creado por Mark Bramble,Cy Coleman e Michael Stewart, e do que foi produtor executivo, protagonista e responsable das letras en castelán.[1]
Alcanzou gran popularidade na metade da década dos 80 como presentador. Nesta época encargouse do programa Saque Bola de Canal Sur acompañado de José María Fraguas. Por este traballo obtivo o TP de Ouro ao personaxe máis popular de Canal Sur. Pero o seu salto á fama chegou co programa VIP en Telecinco[2], un concurso vespertino que dirixiu de luns a venres xunto ao realizador Daniel Écija e coa colaboración na presentación de Belén Rueda. O espazo obtivo unha boa aceptación e froito dela pronto se abordou a súa versión infantil, VIP Guay para os sábados copresentada por Ana Chávarri, e VIP Noite. Será neste último onde, debido á súa mestura de concurso e gala, adquiriu a súa imaxe máis lembrada daqueles anos co seu esmoquin acompañado de zapatillas deportivas, así como a súa palabra máis emblemática: "Dabuten". Estaba acompañado tamén pola cantante mexicana Thalía e as integrantes do grupo feminino Cacao Maravillao. Tamén fixo un pequeno cameo no filme de Martes y Trece El robobo de la jojoya en 1991.
En 1992 o por entón presidente do Grupo Zeta Antonio Asensio faise co control de Antena 3 e acomete unha importante renovación de todo o seu persoal. Tras La Regala, programa especial de Nadal gravado no Palau de Sant Jordi ante 15 000 persoas[3] Emilio Aragón e o seu equipo foi a súa fichaxe máis recoñecible, e tras outorgarlle a dirección do espazo Noche, noche[4], na tempada 1993-1994 foi posto á fronte de El gran juego de la oca, que se converteu no seu maior éxito na cadea[4]. Por estas datas e en compaña da súa man dereita, o xa mencionado Daniel Écija, funda en 1993 a produtora Globomedia que concibiu ou adaptou para España programas como ¡Que me dices!, Caiga Quien Caiga ou El Club de la Comedia[4], ou series como Compañeros ou posteriormente 7 vidas, Aída, Los hombres de Paco e moitas máis.
En 1995 e tras un tempo no estranxeiro volve a Telecinco cun proxecto de serie familiar que ao cabo se traduciría no seu papel protagonista máis lembrado e recoñecido polo público: Médico de familia, que permaneceu en antena até decembro de 1999. Na mesma, e á marxe da súa faceta de produtor, encarnaba o personaxe principal: Nacho Martín. Tras esta aposta, mantivo na mesma cadea entre 2002 e 2003 tres tempadas da produción Javier ya no vive solo na que interpretaba un corentón solteiro que se facía cargo das súas sobriñas, aínda que non conseguiu revalidar o éxito do seu anterior formato. Finalmente en 2004 volveu probar sorte en Antena 3 con Casi perfectos[4], aínda que os malos resultados de audiencia levaron á cadea a cancelar a súa emisión tras unha segunda tempada pobre en resultados.[5]
Desde 2006 é presidente honorífico da cadea de televisión LaSexta da que Globomedia posúe unha parte importante da súa participación. Nela presentou o programa de improvisación Los irrepetibles de Amstel e adquiriu o alcume cariñoso de "El señor de La Sexta" outorgado polo programa Sé lo que hicisteis.... Entre medias dirixiu en 2009 o seu primeiro filme, Pájaros de papel[6] con Imanol Arias, Lluís Homar e Carmen Machi. En 2012 viaxa a Estados Unidos para dirixir a Robert Duvall no filme A Night in Old Mexico, que se estreou en maio de 2014.
Outras das súas facetas foron as de intérprete de álbums musicais de corte desenfadado como Te huelen los pies, posúe o título de piloto, e forma parte de asociacións de fins solidarios como Acción Contra el Hambre (da que é vicepresidente), Intermón Oxfam, o Comité Drogas No e a Fundación Dales la Palabra. Tamén forma parte do proxecto "No Hunger" que pretende convencer a Al Gore para que o seu próximo documental estea dirixido contra a desnutrición debido ao gran calado social do seu An Inconvenient Truth.
Vida persoal
editarFillo do pallaso Emilio Aragón Bermúdez e unha cubana, Rita Violeta Álvarez Fernández. Ten tres irmáns, Rita Irasema, unha cantante e presentadora, María del Pilar, unha empresaria de Globomedia e María Amparo unha escenógrafa de El Gran Juego de la Oca e de Médico de familia. Emilio casou en Asturias o 19 de agosto de 1983[7] con Aruca Fernández-Veiga Feijoó, pertencente a unha longa saga de prestixiosos oftalmólogos[8], teñen tres fillos: Icíar (1985), Macarena (1988) e Ignacio (1995).
Programas de televisión
editarAno | Título | Canle | Notas |
---|---|---|---|
1968 | El show de las cinco | Canal 8 | |
1977-1981 | El gran circo de TVE | TVE | |
1980 | 625 líneas | TVE | Invitado xunto a Gaby, Miliki e Fofito |
1982 | El loco mundo de los payasos | TVE | Programa: 25 de maio de 1982 |
1982 | Tompy, el conejito de trapo | TVE | Especial de televisión |
1983-1984 | Ni en vivo ni en directo | TVE | |
1985 | Festival OTI de la Canción | TVE | Xunto a Paloma San Basilio |
1989 | Saque Bola | Canal Sur | Presentador |
1990 | VIP | Telecinco | Presentador |
1990-1992 | VIP Noche | Telecinco | Presentador |
1990-1991 | VIP Guay | Telecinco | Presentador |
1993 | Noche, noche | Antena 3 | Presentador |
1993-1994 | El gran juego de la oca | Antena 3 | Presentador |
2002-2003 | El Club de la Comedia | Antena 3 | Presentador |
2006-2007 | Los irrepetibles de Amstel | laSexta | Presentador |
2016-presente | El Hormiguero | Antena 3 | Colaborador |
Filmes
editarComo actor
editarAno | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1987 | Policía | Gumersindo 'Gumer' | Protagonista |
1991 | El robobo de la jojoya | Cliente Asustado | Cameo |
1988 | Tú y yo | Emilio Fonseca | Directo a VHS |
Como director
editarAno | Título | Notas |
---|---|---|
2010 | Pájaros de papel | Tamén guionista e compositor |
2014 | A Night in Old Mexico | Tamén compositor e produtor |
Como produtor
editarAno | Título | Notas |
---|---|---|
2008 | Carlitos y el campo de los sueños | Tamén compositor |
Series de televisión
editarComo actor
editarAno | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1995-1999 | Médico de familia | Nacho Martín | Papel principal |
2002-2003 | Javier ya no vive solo | Javier | Papel principal |
2004-2005 | Casi perfectos | Andrés Costa | Papel principal |
Como director
editarAno | Título | Notas |
---|---|---|
2017 | Pulsaciones | Tamén guionista |
Discografía
editar- Gaby Miliki Fofito y Milikito "Había una vez un disco" (1977)
- Gaby Miliki Fofito y Milikito "Cómo me pica la nariz" (1979)
- Gaby Miliki Fofito y Milikito "Cantando siempre cantando" (1980)
- Discolandia (1980)
- Te huelen los pies (1991)
- Eso Es Así (1992)
- Atrapado (1993)
- A mis niños de 30 años (1999)
- El Soldadito de Plomo: Conto sinfónico (2004)
- El Soldadet de Plom (versión en catalán) (2005)
- Bach to Cuba (2006)
- Carlitos y el campo de los sueños: Banda sonora orixinal do filme homónimo (2008)
- Pájaros de papel: Banda sonora orixinal do filme Pájaros de papel (2010)
- Longum Vitae Suspirium: Cantata para barítono, coro e orquestra (2011)
- A Night in Old Mexico: Banda sonora orixinal do filme homónimo (2013)
Dobraxe
editar- Stuart Little e Stuart Little 2: Puxo a voz de Stuart na versión española (na versión orixinal era a voz de Michael J. Fox).
Compositor
editar- Compuxo a banda sonora do filme A Night in Old Mexico, da que tamén foi director e produtor.[9]
- Compuxo a banda sonora do filme Pájaros de papel, da que tamén foi director, guionista e produtor.
- Compuxo a cantata para barítono, coro e orquestra Longum Vitae Suspirium, a partir dunha selección de textos de José Saramago por encargo da Asociación Española de Orquestas Sinfónicas e a Fundación Autor.
- Compuxo a banda sonora do filme Carlitos y el campo de los sueños, da que tamén foi o seu produtor.
- Compuxo a música do ballet Blancanieves e dirixiu a orquestra.
- Compuxo a música da serie de debuxos animados Esquimales en el Caribe, serie ideada por el.
- Compuxo a música da serie de debuxos animados La aldea del arce.
- Compuxo a música da serie de debuxos animados Noeli (interpretada pola súa irmá, Rita Irasema).
- Compuxo e interpretou a sintonía da serie de televisión 7 vidas.
- Compuxo e interpretou a sintonía da serie de televisión Periodistas.
Espectáculos
editar- Festival Mundial do Circo (1977)
- Barnum (1984)
Publicidade
editar- "Puleva" (1992)
- "El Corte Inglés" (1996)
- "Playa y montaña" (2016) (director)
Premios e nomeamentos
editarAno | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor canción orixinal | "Aquí Sigo", de A Night in Old Mexico | Nomeado |
Mellor música orixinal | A Night in Old Mexico | Nomeado | |
2010 | Mellor dirección novel | Pájaros de papel | Nomeado |
Mellor canción orixinal | "No se puede vivir con un franco", de Pájaros de papel | Nomeado |
Ano | Categoría | Programa | Resultado |
---|---|---|---|
1991 | Televisión | VIP Noche | Gañador |
Ano | Categoría | Programa | Resultado |
---|---|---|---|
1997 | Mellor Actor de TV | Médico de familia | Nomeado |
1996 | |||
1995 |
Ano | Categoría | Programa | Resultado |
---|---|---|---|
1991 | Nacionais de Televisión | VIP Noche | Gañador |
1996 | Nacionais de Televisión | Médico de familia | Gañador |
Ano | Categoría | Programa | Resultado |
---|---|---|---|
1999 | Mellor Actor | Médico de familia | Nomeado |
1998 | |||
1997 | Mellor Actor | Médico de familia | Gañador |
1996 | |||
1995 | |||
1993 | Mellor Presentador | El gran juego de la oca e Noche, noche | Gañador |
1991 | Mellor Presentador | VIP Noche e VIP Guay | Gañador |
1990 | |||
1989 | Personaxe máis popular de Canal Sur | Saque Bola | Gañador |
Ano | Categoría | Programa | Resultado |
---|---|---|---|
1983 | Mellor programa de humor | Ni en vivo ni en directo | Finalista |
Notas
editar- ↑ http://elpais.com/diario/1984/10/01/cultura/465433208_850215.html
- ↑ "Emilio Aragón ficha por Tele5 para conducir el programa "Vip"". ABC (xornal)ABC. 4/7/1990.
- ↑ http://elpais.com/diario/1992/12/12/radiotv/724114801_850215.html
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Quesada, Ana (26/1/2015). Fórmula TV, ed. "Antena 3 cumple 25 años: recordamos a 25 de sus profesionales más carismáticos". Madrid. Consultado o 29/1/2015.
- ↑ http://www.formulatv.com/1,20050118,762,1.html
- ↑ "Web oficial de Pájaros de Papel, dirixida por Emilio Aragón". Arquivado dende o orixinal o 6/4/2010. Consultado o 23/8/2018.
- ↑ "Boda de Milikito". ¡HOLA!. 7 de setembro de 1983.
- ↑ "Boda de la hija de Emilio Aragón - Republica.com" (en castelán). 25/7/2012. Arquivado dende o orixinal o 22/04/2021. Consultado o 3/7/2016.
- ↑ http://variety.com/2014/film/reviews/sxsw-film-review-a-night-in-old-mexico-1201128679/
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emilio Aragón Álvarez |
Ligazóns externas
editar- Sitio web de Emilio Aragón
- Entrevista en El Mundo Magazine (22/12/1996).
- Entrevista en XL Semanal (21/2/2010).