Elvira Landín Aguirre
Elvira Landín Aguirre nada en Bilbao en 1944 é unha avogada laboralista.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 ![]() Bilbao, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogada ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Fernando Martínez Randulfe ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarXunto con Fernando Randulfe, abriu un despacho laboralista nos primeiros anos setenta do século XX en Vigo en pleno franquismo,[2] en 1976 únese Guillermo Barros Arias-Castro.
É executiva da asociación Xustiza e Sociedade de Galiza e colaboradora do Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP).[3]
Foi entrevistada no documental Vigo 1972. A hora da memoria.[4]
Recoñecemento
editarFoi recoñecida polo seu labor o 22 de novembro de 2014 por militantes da esquerda galega [5] e homenaxeada por Comisións Obreiras e a Fundación 10 de Marzo xunto con Fernando Randulfe pola súa traxectoria e apoio á clase obreira de Vigo no ano 2015.[6]
Vida persoal
editarEstivo casada con Fernando Randulfe, con que tivo dúas fillas, Amaya e Iria.
Elvira Landín é a tía do escritor feminista Gorka Mola Landín
Notas
editar- ↑ "El capitalismo nos ha seducido y nos hemos individualizado". La Voz de Galicia. 20 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2022.
- ↑ "Vigo homenajea a los abogados Fernando Randulfe y Elvira Landín". Faro de Vigo. 10 de xuño de 2015. Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ WILPF (ed.). "Elvira Landín Aguirre". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ Cultura de Galicia (ed.). "Vigo 1972". Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ Ilkermn, Ernesto (11 de xuño de 2018). "Vigo rinde un emotivo homenaje a los abogados laboralistas Elvira Landín y Fernando Martínez Randulfe". Tercera Información. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ Blanco, Alberto (11 de xuño de 2015). "Los abogados Landín y Randulfe llaman a una "rebelión" para paliar la "precariedad laboral"". Faro de Vigo. Consultado o 14 de xuño de 2018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gómez Alén, José (2015). Libro Homenaxe "Elvira e Fernando. Xustiza, traballo e xustiza". Fundación 10 de marzo.