Elizabeth Clarke Wolstenholme Elmy
Elizabeth Clarke Wolstenholme Elmy, nada en Cheetham Hill, Manchester o 30 de novembro de 1833 e finada o 12 de marzo de 1918, foi unha muller feminista e sufraxista británica, ensaísta e poeta, quen tamén escribiu baixo os pseudónimos E e Ignota.
Nome orixinal | (en) Elizabeth Wolstenholme Elmy |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de novembro de 1833 Cheetham Hill, Reino Unido (en) |
Morte | 12 de marzo de 1918 (84 anos) Chorlton-on-Medlock, Reino Unido (en) |
Educación | Fulneck School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio, dereitos humanos, Dereitos da muller e belas letras |
Ocupación | suffragette |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Joseph Wolstenholme |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Elmy, E. C. Wolstenholme (Elizabeth C. Wolstenholme), 1833-1918, |
Traxectoria
editarFilla dun pastor metodista, perdeu á súa nai pouco despois de nacer, e ó seu pai ós catorce anos. Foi educada pola súa sogra Mary Lord. Só foi á escola durante dous anos, á Moravian School de Fulneck, preto de Leeds, mais a súa educación na casa foi abondo para permitirlle converterse en mestra nunha escola para nenas en Boothstown, preto de Worsley. Axiña fíxose cargo da administración da institución. A comezos da década de 1860 creou o Manchester Board of Schoolmistresses co obxectivo de organizar a educación feminina e de dar un ensino de tipo universitario ás futuras mestras. Foi moi activa na North of England Council for the Promotion of the Education of Women que tiña un obxectivo semellante. Participou na redacción de capítulos sobre educación do Woman's Work and Woman's Culture de Josephine Butler en 1869. Elizabeth Wolstenholme coidaba que a educación das mulleres lles permitiría acadan a independencia económica.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Stanley Holton, Sandra (2004). "Elmy, Elizabeth Clarke Wolstenholme (1833–1918)". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2010.