Elisa Garrido Cantarero
María Elisa Garrido Cantarero, nada en Madrid en 1957[1], é unha avogada e política galega e madrileña do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Elisa Garrido Cantarero ![]() 1957 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
1995 – 1999 ← Delfín Fidalgo Fernández – José Antonio Rodríguez Fernández → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | avogada, política ![]() |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia ![]() |
Traxectoria
editarAvogada. En 1984 estableceuse coa súa familia en Valdoviño[2], onde chegou a ser presidenta da APA. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Valdoviño e foi elixida alcaldesa co apoio de Independentes por Valdoviño e o BNG, gobernando en coalición cos independentes e dende febreiro de 1997 tamén co BNG.[3] Durante este mandato logrou un notable investimento no municipio duns 2 mil millóns de pesetas,[4] ademais de promociona-lo turismo e a consolidación de eventos como o Pantín Classic. Porén, e pese á insistencia de veciños e do seu propio partido, optou por non presentarse á reelección nas eleccións municipais de 1999 e retirarse da primeira liña política. Dende entón pasou a centrarse na súa profesión de avogada e concorreu en postos honoríficos nas sucesivas candidaturas socialistas no concello.
Predecesor: Delfín Fidalgo Fernández |
Alcaldesa de Valdoviño 1995 - 1999 |
Sucesor: José Antonio Rodríguez Fernández |
Vida persoal
editarCasou co pediatra de orixe libanesa Kamel Saadeddine, co cal tivo 3 fillos. En 1984 a familia decidiu trasladar a súa residencia a Valdoviño debido ó seu gusto pola zona[5].