Elicura Chihuailaf
Elicura Chihuailaf Nahuelpán, nado en Quechurehue en 1952, é un poeta mapuche chileno, considerado un dos meirandes escritores mapuche; a súa obra é principalmente bilingüe, en mapuche e español.
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 ![]() Cunco, Chile (pt) ![]() ![]() |
Grupo étnico | Pobo mapuche ![]() |
Educación | Universidade de Concepción ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta ![]() |
Período de actividade | 1977 ![]() |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Premios | |
| |
![]() |
Traxectoria
editarChihuailaf naceu nunha aldea a 75 quilómetros ao leste de Temuco[1] pertencente ao concello de Cunco, na provincia de Cautín da Rexión de Araucanía. A súa infancia, o núcleo fundamental da súa escritura, viviuna nunha área caracterizada pola ruralidade e a cosmovisión mapuche, como narra no seu libro Recado confidencial a los chilenos.[2] Unha intimidade en torno á lareira, onde adquiriu dos seus avós a arte dos relatos (nütram) e os consellos dos maiores (ngülam), toda esta contorna propia da literatura oral penetrou a súa obra caracterizada por ambientes austrais e elementos do imaxinario mapuche pero tamén na súa obra hai referentes de autores como José Santos González Vera, Nicomedes Guzmán ou Manuel Rojas[3] . A súa educación básica realizouna no Liceo Atenea na vila de Cunco. Cursou a secundaria no Liceo Pablo Neruda de Temuco e estivo interno no liceo masculino desa cidade.[4]
Titulouse en obstetricia pola Universidade de Concepción, pero nunca exerceu.[4]
Foi secretario xeral dos Escritores en Linguas Indíxenas de América (1997-2000) e integrante do directorio da Corporación NorAlinea, de defensa dos dereitos humanos.[5]
Obra
editarO inicio da carreira literaria de Chihuailaf —quen publicou diversos libros de poesía e crónica, tanto en español como en mapuche iníciase coa publicación da revista Poesía Diaria, que o poeta dirixiu canda Guido Eytel, en Temuco, a comezos da década dos oitenta.[6] En 1994 recibiu o seu primeiro premio importante, o do Consello Nacional do Libro e a Lectura, polo seu poemario De sueños azules y contrasueños, que publicou o ano seguinte a Editorial Universitaria. Traduciu a Pablo Neruda (Todos los cantos / Ti kom vin; Pehuén, 1997) e ao cantautor Víctor Jara (Canto libre / Lliz vlkantun, LOM, 2007). Dirixiu a revista bilingüe de arte mapuche Kallfvpllv/Espíritu Azul.
Libros
editar- El invierno y su imagen, autoedición mimeo, 1977
- En el país de la memoria. Maputukulpakey, con algúns poemas en mapuche; autoedición, Quechurewe-Temuco, 1988
- El invierno, su imagen y otros poemas azules, Ediciones Literatura Alternativa, 1991
- De sueños azules y contrasueños, con poemas en mmapuche e castelán; Editorial Universitaria, Santiago, 1995 (Huerga y Fierro Editores, Madrid, 2002)
- A orillas de un sueño azul
- La palabra: sueño y flor de América. Adelanto de una muestra de Oralitura Indígena de América, 1997
- Recado confidencial a los chilenos, LOM, Santiago, 1999
- Kallfv; Pehuén, Santiago, 2006
- Kallfv mapu / Tierra azul, edición bilingüe con prólogo de Osvaldo Baver e selección de Néstor Barron, Ediciones Continente, Argentina, 2008, ISBN 978-950-754-255-8
- Canto libre / Lliz vlkantun, 2007
- Sueños de luna azul/Kechurewe Temuko, Cuatro Vientos Editorial, 2008
- Historia y luchas del pueblo mapuche, Editorial Aún Creemos en los Sueños, 2008
- Relato de mi sueño azul, Pehuén Editores, 2010.
Notas
editar- ↑ Ricardo Gómez López. Elicura Chihuailaf: El azul de la poesía, Rayentru nº 8 marzo-abril de 1995
- ↑ Elicura Chihuailaf en Héroes civiles y santos laicos.
- ↑ Elicura Chihuailaf Nahuelpán, memoriachilena.cl
- ↑ 4,0 4,1 Elicura Chihuailaf. Poeta mapuche Arquivado 17 de agosto de 2016 en Wayback Machine., Caras, 2001
- ↑ Elicura Chihuailaf en el Festival Internacional de Poesía de Medellín.
- ↑ Elicura Chihuailaf: Los chilenos son como niños mal criados, Universidade de Chile