Eleanor Anne Ormerod
Eleanor Anne Ormerod , nada en Gloucestershire ( Reino Unido) o 11 de maio de 1828 e finada o 19 de xullo de 1901, foi unha entomóloga inglesa .
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1828 ![]() Sedbury, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Morte | 19 de xullo de 1901 ![]() St Albans, Reino Unido ![]() |
Educación | Universidade de Edimburgo Royal Agricultural University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Entomoloxía ![]() |
Ocupación | lepidopterólogo, botánica, editora literaria ![]() |
Empregador | Royal Agricultural University (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Pais | George Ormerod ![]() ![]() |
Irmáns | Edward Ormerod George Ormerod William Ormerod ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, second supplement Encyclopædia Britannica A Historical Dictionary of British Women, (p.339) ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFilla dunha ilustradora botánica [1] e do historiador e anticuario George Ormerod, autor de The History of Cheshire. Dende moi pequena interesouse polos insectos e tivo a oportunidade de estudalos grazas á gran propiedade na que se criou. Estudou agricultura e converteuse nunha autoridade local sobre o tema. Cando, en 1868, a Royal Horticultural Society comezou a recompilar unha colección de pragas de insectos agrícolas con fins prácticos, Ormerod fixo unha gran contribución pola que foi galardoada coa medalla de Flora da sociedade. [2][3]
En 1877 publicou Notes for Observations on Injurious Insects ( en galego Observación de insectos nocivos) un folleto que distribuíu entre as persoas interesadas neste tema e que, como resposta, lle remitiron os resultados das súas propias investigacións. Como resultado, puido desenvolver unha serie de informes anuais sobre insectos nocivos e pragas agrícolas . En 1881, Ormerod publicou un informe especial sobre a mosca da cebola, e en 1882 foi nomeada entomóloga consultora da Royal Agricultural Society of England, cargo que ocupou ata 1892.[4] Durante varios anos deu conferencias sobre entomoloxía científica na Royal School of Agriculture de Cirencester . [2]
A súa fama non se limitou a Inglaterra; recibiu medallas de ouro e prata da Universidade de Moscova polos seus modelos de insectos nocivos para as plantas, e o seu tratado sobre The Injurious Insects of South Africa (en galego Os insectos nocivos de Suráfrica) mostra a extensión do seu traballo. En 1899, recibiu unha medalla de prata da Société nationale de protection de la nature de Francia.
Os seus traballos sobre historia natural foron amplamente citados e realizou valentes experimentos:
Entre outras obras destacan o Manual of Injurious Insects (1881), e Handbook of Insects injurious to Orchard and Bush Fruits (1898) (en galego Manual de insectos nocivos, con métodos de prevención e reparación e Manual de insectos nocivos para a horta e os arbustos froiteiros ).[5] Case o último recoñecemento que lle chegou foi un doutoramento honoris causa pola Universidade de Edimburgo, unha distinción única xa que foi a primeira muller en recibir este título pola universidade.
Tamén foi a primeira muller en recibir unha bolsa na Sociedade Meteorolóxica (1878).
Coa morte do seu pai, ela e as súas irmás mudáronse a Torquay pero máis tarde trasladouse a Spring Grove (Isleworth) para estar preto dos Royal Botanic Gardens en Kew, onde tiña amigos íntimos como o Sr. Joseph e a Sra. Hooker, directores do xardín. [2]
En 1887 trasladouse a Torrington House, 47 Holywell Hill, St Albans, Hertfordshire coa súa irmá Georgiana Elizabeth Ormerod, onde faleceu.[6] O edificio ten unha placa na súa honra.
Recoñecementos
editarO retrato de Ormerod colga ao pé da escaleira principal do sueste do edificio Old College da Universidade de Edimburgo, proclamando con orgullo que foi a primeira muller de Edimburgo en graduarse con honores.
O nome de Ormerod tamén se conmemorou, xunto con outros biólogos, no nome do Proxecto RepRap na impresión 3D .[7]
Notas
editar- ↑ María Mercedes Álvarez Lires, M.; Nuño, T.; Solsona, N. (2003). Las científicas y su historia en el aula (PDF) (en español). Ed. Síntesis. p. 101. Consultado o 11 de mayo de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ormerod, Eleanor (1904). Eleanor Ormerod, Ll. D., economic entomologist : autobiography and correspondence. New York: E. P. Dutton and Company.
- ↑ "Seis cosas que he aprendido de Eleanor Ormerod - Principia". principia.io (en spanish). Consultado o 2022-02-05.
- ↑ Ilecara. "MUJERES QUE HACEN LA HISTORIA - BREVES BIOGRAFIAS: Siglo XIX - Anne Eleanor Ormerod". Consultado o 11 de mayo de 2016.
- ↑ VALLESPÍ, Rosa Ma CLARAMUNT; VALLESPÍ, Teresa CLARAMUNT (21 de diciembre de 2012). Mujeres en ciencia y tecnología (en castelán). Editorial UNED. ISBN 9788436265255. Consultado o 11 de mayo de 2016.
- ↑ "Miss Eleanor A. Ormerod." 64 (1657). 1 de agosto de 1901: 330–330. doi:10.1038/064330a0.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda) - ↑ "Ormerod".