Eladia Pedrayo
María Eladia Ramona Pedrayo Ansoar, nada en Ourense o 18 de febreiro de 1859 e finada en Ourense o 4 de febreiro de 1957, foi un membro da burguesía ourensá da época, máis coñecida por ser a nai de Ramón Otero Pedrayo.
![]() Eladia Pedrayo e Enrique Otero. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1859 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 4 de febreiro de 1957 ![]() Ourense, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Enrique Otero Sotelo ![]() |
Fillos | Ramón Otero Pedrayo ![]() |
Pais | Ramón Pedrayo Silva ![]() ![]() |
Irmáns | Ricardo Pedrayo Ansoar María de las Nieves Pedrayo Ansoar Lucila Pedrayo Ansoar ![]() |
Traxectoria
editarNada en Ourense, foi bautizada como Eladia Ramona na igrexa de Santa Eufemia do Centro o 19 de febreiro de 1859.[1] Era filla do avogado ourensán Ramón Mª Pedrayo Silva, que tivo o seu bufete nun dos edificios da Praza Maior de Ourense, foi decano da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, presidente do Casino de Ourense[1] e mesmo chegou a ser alcalde da cidade en 1860.[2] A súa nai, Antonia Ansoar, morreu con 38 anos, deixando orfa de mai a Eladia cando esta non tiña seis anos, no ano 1864.[3] Eladia tivo tres irmáns: Ricardo, Nieves e Lucila.[1]
Casou con Enrique Otero Sotelo en 1883. Segundo afirma Ramón Otero Pedrayo a parella tivera un fillo anterior a el mesmo, pero este morrera ao pouco de nacer.[4] Enviuvou o 28 de maio de 1904.[2] Logo da morte do seu esposo fíxose cargo do goberno da casa e rendas da familia en Trasalba.
Faleceu cando lle faltaba pouco para cumprir os 98 anos, o 4 de febreiro de 1957. A súa saúde empeorara logo dunha caída no xardín de Trasalba tras a que tivo que ser hospitalizada. Foi soterrada no Cemiterio de San Francisco de Ourense[1] coa presenza de numerosas personalidades vindas de diferentes puntos de Galicia. Tamén se estableceu a suspensión das aulas no Instituto de Ourense en sinal de loito.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Otero Pedrayo, Ramón (2007). "Introdución". En Patricia Chachero Arias; Mónica Pazos Martínez. Cartas á nai. Galaxia. pp. 11–39. ISBN 978-84-7154-106-2.
- ↑ 2,0 2,1 "O neno. A familia.". Fundación Otero Pedrayo. Consultado o 3 de agosto de 2018.
- ↑ Otero Pedrayo, Ramón (2007). Patricia Chachero Arias; Mónica Pazos Martínez, eds. Cartas á nai. Galaxia. ISBN 978-84-7154-106-2.
- ↑ Documento inédito, Fondo Otero Pedrayo, Fundación Penzol, Vigo citado en Chachero Arias, Patricia; Pazos Martínez, Mónica (2007). "Introdución". Cartas á nai. Galaxia. p. 17. ISBN 978-84-7154-106-2.
- ↑ "Sepelio de dona Eladia Pedrayo Ansoar". El Pueblo Gallego (10 883). 6 de febreiro de 1957.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Chachero Arias, Patricia; Pazos Martínez, Mónica (2006). "Querida mamá. Epistolario inédito de Otero Pedrayo, 1905". Grial XLIV (169).
- Otero Pedrayo, Ramón (2007). Patricia Chachero Arias; Mónica Pazos Martínez, eds. Cartas á nai: 1905-1950. Galaxia. ISBN 978-84-7154-106-2.
- Chachero Arias, Patricia (2017). "Tendencia autobiográfica de Ramón Otero Pedrayo: Eladia Pedrayo Ansoar, madre y modelo literario". Nudos. Revista Transdisciplinar de Sociología, Teoría y Didáctica de la Literatura (en castelán) 1 (2): 50–61. ISSN 2530-6499. doi:10.24197/nrtstdl.2.2017.50-61.