El bar
filme de 2017 dirixido por Álex de la Iglesia
El bar é un filme coproducido entre España e a Arxentina dirixido por Álex de la Iglesia estreado no ano 2017. Contou cun orzamento de 5 millóns de euros e recadou en salas algo máis de 3,5 millóns de euros.[2] Estreouse fóra de competición na 67ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[3][4]
El bar | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El bar |
Director | Álex de la Iglesia |
Produtor | Carolina Bang Álex de la Iglesia |
Guión | Jorge Guerricaechevarría Álex de la Iglesia |
Intérpretes | Blanca Suárez Mario Casas Carmen Machi Secundino de la Rosa Márquez Jaime Ordóñez Terele Pávez Joaquín Climent Alejandro Awada José Sacristán |
Música | Joan Valent |
Montaxe | Domingo González |
Estudio | El Bar Producciones Atresmedia Cine Nadie es Perfecto Pampa Films Pokeepsie Films |
Estrea | 2017 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 5 millóns de euros |
Recadación | 3 662 671 dólares[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarUn bar do centro de Madrid abre as súas portas ás 9 da mañá e o estabelecemento énchese de persoas do máis variadas. Unha delas sae con présa, mais ó pisar a rúa recibe un disparo na testa. Ningún dos demais clientes se atreven a socorrelo nin a fuxir. Atrapados no bar, comezarán a confesar os seus pecados.
Personaxes
editar- Blanca Suárez como Elena
- Mario Casas como Nacho
- Carmen Machi como Trini
- Secun de la Rosa como Sátur
- Jaime Ordóñez como Israel
- Terele Pávez como Amparo
- Alejandro Awada como Sergio
- Joaquín Climent como Andrés
Notas
editar- ↑ "Box office "El bar"". Box Office Mojo (en inglés). Consultado o 2 de dcembro de 2019.
- ↑ "RECAUDACIÓN EN CINES DE CADA UNA DE LAS PELÍCULAS DE ÁLEX DE IGLESIA, ¿CUÁNTO RECAUDÓ “EL DÍA DE LA BESTIA”, “ACCIÓN MUTANTE”, “LA COMUNIDAD”? | El Blog de Cine Español". www.elblogdecineespanol.com (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2017.
- ↑ Berlinale, ed. (20 de xaneiro de 2017). "Berlinale 2017: Competition and Berlinale Special Are Complete". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
- ↑ Variety, ed. (15 de febreiro de 2017). "Berlin Film Review: ‘The Bar’". Consultado o 7 de abril de 2017.