El Gallego (Pontevedra)
periódico galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Gallego.
El Gallego foi un periódico editado en Pontevedra entre 1862 e 1863.
El Gallego | |
---|---|
![]() ![]() | |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
ISSN | 1577-614X |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Agricultura, industria, comercio, ciencias, artes y literatura, apareceu o 1 de decembro de 1862. En principio aparecía catro veces ao mes e despois tivo unha periodicidade decenal. Editado por Andrés Martínez López, estaba dirixido por Elisardo Ulloa Varela que tamén era o principal redactor. Entre os seus colaboradores figuraba Luís Rodríguez Seoane. Imprimiuse nos obradoiros de José Vilas. Defendeu o progreso e a instrución, e a modernización socioeconómica de Galicia, cunha especial énfase no ferrocarril. Incluíu información sobre temas culturais e composicións literarias. Cesou a súa publicación non antes do 10 de xuño de 1863.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Gallego, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Gallego, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.