Eiruga (planta)
Planta comestible
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Eiruga (homónimos).
- A planta Eruca vesicaria tamén recibe o nome vulgar de eiruga.
Eiruga (planta) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Eruca sativa' Mill. |
A eiruga[1] (Eruca sativa) é unha verdura da mesma familia que a mostaza, Brassicaceae, e orixinaria do Mediterráneo e de Asia Occidental. Adáptase a climas frescos, nin quentes nin fríos.
Usos
editarPosúe un sabor moi forte, picante e amargo. É moi utilizada en Italia. En Galiza o seu uso non é tradicional, mais comeza a popularizarse en ensaladas e pizzas.
Preparada crúa, en ensaladas, ou refogada, é utilizada como complemento das comidas debido ao seu forte sabor, capaz de eliminar o sabor doutros alimentos.
Propiedades
editarCon propiedades estimulantes do apetito, é nutricionalmente rica en proteínas, vitaminas A e C, e sales minerais, principalmente calcio e ferro. Contén tamén omega 3 e é pobre en calorías.
Notas
editar- ↑ Nome vulgar galego en Guía da alimentación, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eiruga |