Edwin S. Porter
Edwin Stanton Porter, nado en Connesville (Pensilvania) o 21 de abril de 1870 e finado en Nova York o 30 de abril de 1941 foi un director de cinema estadounidense, pioneiro da historia do cinema.
![]() (1901) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Edwin Stanton Porter ![]() 21 de abril de 1870 ![]() Connellsville, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 30 de abril de 1941 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Lugar de sepultura | Cemitério Kensico (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América ![]() |
Ocupación | director de cinema, guionista, produtor de cinema, director de fotografía, cámara, inventor ![]() |
Xénero artístico | Cinema mudo ![]() |
Representante | Light Cone ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLogo de ter distintos empregos, comezou a interesarse na electricidade, amosando unha gran capacidade como inventor. Porter chegou ao mundo do cinema en 1896, ano no que se proxectaron comercialmente os primeiros filmes, converténdose en proxeccionista e viaxando por Suramérica facendo demostracións en feiras. Ao volver a Nova York en 1898 atopou traballo no Eden Musée, dependente da Edison Manufacturing Company, no que se dedicaba á montaxe e exhibición de filmes.
Pola creatividade que demostrou neses labores foi contratado directamente pola compañía en 1899, comezando a facer filmes para Edison.
O seu principal filme foi o western The Great Train Robbery, de 1903, que trouxo grandes innovacións, incluíndo un plano dun bandido disparando á cámara.
Entre 1917 e 1925 Porter foi presidente da Precision Machine Company. Tras retirarse, seguiu inventando e deseñando obxectos, logrando varias patentes.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edwin S. Porter |
Ligazóns externas
editar- Edwin S. Porter na IMDb (en inglés).