Edward Victor Appleton
Edward Victor Appleton, nado en Bradford o 5 de setembro de 1892 e finado en Edimburgo o 21 de abril de 1965, foi un físico inglés.
Traxectoria
editarDespois do remate da primeira guerra mundial, entrou no Laboratorio de Cavendish como axudante de física experimental en 1920. Entre 1924 e 1936 foi profesor de física na Universidade de Londres, para pasar a dar clases de filosofía natural na Universidade de Cambridge (1936-1939). Secretario do Departamento de Investigación Científica e Industrial entre 1939 e 1949.
En 1947 recibiu o Premio Nobel de Física polas súas contribucións ao coñecemento da ionosfera, cousa que permitiu o desenvolvemento do radar.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |