Eduardo Cea Naharro

político galego

Eduardo Cea Naharro, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1843 e finado na mesma cidade o 2 de novembro de 1929, foi un político galego.

Modelo:BiografíaEduardo Cea Naharro
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1843 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de novembro de 1929 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Manuel de Cea Gándara e de Francisca Naharro. Membro do Partido Conservador, foi deputado provincial en 1877 e 1880. Foi elixido deputado ao Congreso polo distrito de Mondoñedo en 1896 e elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1901.

 
Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia de Ramiro Vieira, 1907.

Durante a Primeira República Portuguesa agochou ao monárquico portugués Paiva Couceiro nas súas casas do Telleiro (Sandiás), Santa María de Paradela (Meis), Pazo de Cea (Nigrán) e de Figueroa (Pontevedra, actual parador de Pontevedra). Por este motivo foi intensamente perseguido polos republicanos portugueses, sendo vítima de sucesivos rexistros nas súas casas.

Tiña o título de barón de Casa Goda. Restaurou o pazo pontevedrés que pertencera ao marqués de Figueroa e da Atalaia, actualmente coñecido como Parador do Barón. Foi nomeado Caballero da Real Maestranza de Sevilla e Socio Honorario da Asociación de escritores galegos.

Morreu por mor dun cancro.

Vida persoal

editar

Casou con Joaquina Varela de Luaces, descendente de Vicente Varela de Luaces, de Mondoñedo, coa que tivo dous fillos, Juan Jacobo (avogado de mariña), e Eduardo (escritor de La Ilustración Gallega y Asturiana), os cales morreron antes que seu pai.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar