Eduard Shevardnadze
Eduard Amvrósievich Shevardnadze (en xeorxiano: ედუარდ ამბროსის ძე შევარდნაძე, en ruso: Эдуард Амвросьевич Шеварднадзе; Mamati, 25 de xaneiro de 1928 - Tbilisi, 7 de xullo de 2014) foi un político xeorxiano, nado na antiga República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica. Exerceu as funcións de Ministro de Asuntos Exteriores da Unión Soviética, baixo a presidencia de Mikhail Gorbachov, de 1985 a 1990.
Desempeñou un papel importante no fin da Guerra fría e, tras a disolución da Unión Soviética, foi presidente de Xeorxia entre 1992 e 23 de novembro de 2003, cando renunciou ao cargo debido á crecente presión popular, coñecida como Revolución da Rosas.
Foi figura clave do proceso de apertura democrática da Unión Soviética coñecido como Perestroika.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduard Shevardnadze |