Edu Sousa
Eduardo Sousa Pérez, nado en Tui o 15 de xullo de 1991, é un futbolista galego. Xoga de porteiro no Pontevedra, da Segunda División RFEF.
Nome orixinal | Eduardo Sousa Pérez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 15 de xullo de 1991 (33 anos) Tui, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,79 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Porteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarTras pasar brevemente polas canteiras do Areosa, o Celta de Vigo e o Atlético de Madrid, chegou en 2007 ao Deportivo da Coruña.[1] Militou tres anos equipo xuvenil do club, e na tempada 2009/10 debutou co Fabril na Terceira División, nun encontro ante o Coruxo en Abegondo, participando así do ascenso á Segunda División B. Pasou os dous seguintes anos no filial, pero sen apenas participación, ao ter por diante ao porteiro Diego Rivas primeiro e máis tarde a Marc Martínez.
En 2012, despois de cinco anos no Deportivo, deixou o club e asinou co Pontevedra B, de Preferente. Disputou 35 partidos co filial e na tempada 2013/14 fíxose coa titularidade no primeiro equipo do Pontevedra, da Terceira División. Defendeu a portería de Pasarón durante os seguintes sete anos, logrando o ascenso a Segunda B e acumulando 251 partidos oficiais. Exerceu ademais como capitán do equipo.[2]
En 2020 deixou Pontevedra despois de oito anos e puxo rumbo a Castela-A Mancha, onde fichou polo Talavera. No club manchego coincidiu de novo con David Añón, co que compartira equipo tanto no xuvenil do Deportivo, como no Fabril e no Pontevedra.[2] Xogou un total de 52 partidos co Talavera en dúas tempadas, a segunda delas nova Primeira División RFEF, perdendo a categoría ao remate da campaña.
Tralo descenso do club regresou a Galicia, onde ingresou de novo no Deportivo da Coruña, unha década despois da súa saída do club.[1] Debutou co equipo o 9 de outubro de 2022, nun partido da Primeira División RFEF diante do Rayo Majadahonda, conseguindo manter a portería a cero.[3] No Deportivo contou con poucas oportunidades, sendo a titularidade para Ian Mackay. Con todo, xogou seis partidos e substituíu a Mackay trala súa expulsión no treito final do partido de volta das semifinais da promoción de ascenso ante o Castellón, na que o club coruñés quedou eliminado.[4]
Tras rematar o seu contrato regresou ao Pontevedra, equipo da Segunda División RFEF.
Palmarés
editar- Fabril
- Terceira División (1): 2009/10.
- Pontevedra
- Terceira División (1): 2014/15.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Edu Sousa, novo xogador do Dépor 22-23". 29 de xuño de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Silveira, Xane (21 de abril de 2022). "Edu Sousa: "Tenemos buenas armas para contrarrestar a Quiles"" (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "Edu Sousa, un “currante” en la familia". La Opinión A Coruña (en castelán). 11 de outubro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022.
- ↑ Antelo, Iván (12 de xuño de 2023). "Así fue la temporada de los 30 jugadores del Deportivo y esta es su situación contractual". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2023.