Edificio Pardo Labarta
O edificio Pardo Labarta é unha construción que se atopa na Porta do Sol, á beira da cidade vella, no centro de Vigo. É un dos edificios históricos senlleiros da cidade, representativo do modernismo vigués en arquitectura.[1]
Edificio Pardo Labarta | |
---|---|
![]() Fachada do edificio dende a Porta do Sol de Vigo. | |
Edificio | |
Estilo | Eclecticismo, modernismo |
Localización | Porta do Sol/Elduayen Vigo (Galiza) |
Coordenadas | 42°14′16″N 8°43′32″O / 42.237883, -8.725561 |
Construción | |
Construción | 1910 |
Remate | 1911 |
Dimensións | |
Plantas | 5 (4 + faio) |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Jenaro de la Fuente Domínguez |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO edificio foi promovido polo adiñeirado comerciante Eudoro Pardo Labarta (finado o 16-1-1917). Coincidente coa apertura da rúa Elduayen, que permitiu ampliar a Porta do Sol e transformar este espazo antes fechado nun largo máis aberto, a obra foi encargada ao arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez, que realizou unha obra moi no seu estilo, e que repetirá na posterior casa dos irmáns Camilo e Benigno Fernández, outro exemplo sinalado da arquitectura viguesa de comezos do século XX. Con esta obra o seu promotor propúxose embelecer esta céntrica praza cun edificio de cinco andares e faiado, e con tres fachadas.[2]
Construción e estilo
editarTrátase dun edificio con influencias eclécticas, que incorpora elementos modernistas na decoración, como o gran van central do faiado partido en tres ocos, arcos e linteis en forma de omega no terceiro andar, e formas vexetais e florais combinadas con lapas e fitas.[2] Todo isto inserido nun esquema clásico francés, que incorporou unha mansarda retirada nunha rehabilitación posterior. Na parte central salienta unha fermosa galería aberta que percorre transversalmente todos os andares. Todo o conxunto está enfeitado con detalles propios da cantaría de perpiaño da época, que acadou unha gran mestría no tratamento da pedra de gra galega, que dá como resultado un programa decorativo moi elaborado. O mestre canteiro foi José Araujo Pérez.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Casa de Pardo Labarta en Turgalicia.
- ↑ 2,0 2,1 Garrido Rodríguez, Jaime (2000): Arquitectura da pedra en Vigo, Vigo, Construcciones Conde, p. 236.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da pedra en Vigo, Vigo, Construcciones Conde, ISBN 84-605-9897-7