Edificio España
O Edificio España é un rañaceos de Madrid situado en praza de España ao final da Gran Vía. Coas súas 25 plantas e 117 metros de altura, é o oitavo edificio máis alto da capital española e conforma, xunto co rañaceos veciño Torre de Madrid, un dos conxuntos arquitectónicos máis importantes da cidade.
Edificio España | |
---|---|
![]() Vista desde a praza de España. | |
Coordenadas | 40°25′27″N 3°42′39″O / 40.424191666667, -3.7109444444444 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi construído entre 1948 e 1953 e é obra do enxeñeiro José María Otamendi e o arquitecto Julián Otamendi. O edificio deseñado como multifuncional albergaba ata o ano 2006 o Hotel Crowne Praza, un centro comercial, apartamentos, e oficinas. Desde esa data atópase baleiro e sen uso.
Ante a súa venda no ano 2014 ao magnate chinés Wang Jianlin, o Concello de Madrid esixíalle unicamente conservar intactas a fachada frontal e os laterais, como establece a lei de protección de edificios históricos, logo de ser rebaixado do nivel 2 (grao estrutural) ao nivel 3 (grao parcial).[1]
Notas
editar- ↑ ABC (ed.). "O Edificio España baixa de nivel de protección pero debe conservar a fachada". Consultado o 2016-01-12.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edificio España |