Edgar Douglas Adrian OM PRS nado en Londres, Gran Bretaña, o 30 de novembro de 1889 e finado en Cambridge, Gran Bretaña, o 4 de agosto de 1977, foi un fisiólogo británico.
Edgar Douglas Adrian |
Nome orixinal | (en) Edgar Adrian, 1. Baron Adrian |
---|
|
Nacemento | 30 de novembro de 1889 Hampstead, Reino Unido |
---|
Morte | 4 de agosto de 1977 (87 anos) Cambridge, Reino Unido |
---|
|
Chanceler Universidade de Cambridge |
---|
1967 – 1976 ← Arthur Tedder (pt) – Filipe de Edimburgo → |
Membro da Cámara dos Lords |
---|
2 de marzo de 1955 – 4 de agosto de 1977 |
49º Presidente da Royal Society |
---|
1950 – 1955 ← Robert Robinson – Cyril Norman Hinshelwood → |
|
|
Educación | Trinity College Westminster School |
---|
|
Campo de traballo | Eletrofisiologia (pt) |
---|
Lugar de traballo | Londres |
---|
Ocupación | médico, profesor universitario, neurocientífico, político, fisiólogo |
---|
Empregador | Universidade de Cambridge, catedrático (1937–1951) |
---|
Membro de | |
---|
|
Conflito | Primeira guerra mundial |
---|
|
Título | Baron Adrian (en) (1955–1977) |
---|
Cónxuxe | Hester Adrian, Baroness Adrian (1923–) |
---|
Fillos | Anne Adrian, Richard Adrian, 2nd Baron Adrian, Jennet Adrian |
---|
Pais | Alfred Douglas Adrian e Flora Lavinia Barton |
---|
Irmáns | Harold Douglas Adrian John Adrian |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Adrian, Edgar Douglas, 1889-1977, Great Soviet Encyclopedia (1950–1958) (en) , (vol:48, p.328) |
---|
|
Estudou na Secundaria Westminster e aprobou ciencias naturais no Trinity College de Cambridge, licenciándose en medicina en 1915. Durante a primeira guerra mundial traballou no St Bartholomew's Hospital de Londres, tratando a soldados con desordes nerviosas. Volveu a Cambridge en 1919 e en 1925 comezou os seus estudos sobre os impulsos nerviosos nos órganos sensoriais humanos, demostrando a posibilidade de medir a corrente nas fibras nerviosas aplicando un amplificador.
Foi profesor do Royal College of Physicians (cátedra Sharpey, 1925), da Royal Society (cátedra Foulerton, 1929-1937) e da Universidade de Cambridge (cátedra de fisioloxía, 1937-1951). Desde 1951 foi director do Trinity College.
En 1932 foille outorgado o Premio Nobel de Medicina polos seus traballos relativos á función das neuronas e as células nerviosas motoras, premio que compartiu con Sir Charles Scott Sherrington.
En 1950 foi nomeado presidente da Royal Society.
- The Basis of Sensation, 1928.
- The Mechanism of Nervous Action, 1932.
- The Physical Basis of Perception, 1947.