Edelmiro Bascuas
teólogo e lingüista galego
Edelmiro Bascuas López, nado na Meda (Castroverde) o 15 de abril de 1931 e finado na Coruña o 10 de febreiro de 2011, foi un teólogo e lingüista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1931 ![]() A Meda, España ![]() |
Morte | 10 de febreiro de 2011 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, lingüista ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou no seminario de Mondoñedo, e pasou a ser mestre de grego e francés no propio centro. En 1957 graduouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca, e en 1968 licenciouse en linguas clásicas na Universidade de Madrid. Aprobou oposicións a cátedra, e exerceu como profesor de grego no ensino medio en Valencia e no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña.
Estudoso da hidronimia,[1] colaborou en publicacións como Veleia, Estudios Mindonienses, Studi Celtici, Paleohispánica ou Verba.
Obra
editar- Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega (Verba, anexo 51; 2002)
- Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia (2006)
- Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega (2014)
Notas
editar- ↑ agremon, Publicado por. "EDELMIRO BASCUAS LÓPEZ, DOCTOR HONORIS CAUSA. José María Rodríguez Díaz (2011)". Consultado o 2025-02-08.