Ecoembes
Ecoembes (Ecoembalajes España, SA) é unha empresa sen ánimo de lucro[1] formada por empresas distribuidoras e sede en Madrid. Foi fundada en 1996, antes ca a Lei 11/97 de Envases e Residuos de Envases. Nesta lei establécense unhas obrigas que pretenden a recuperación de residuos dos envases e o seu posterior tratamento e valorización. Ecoembes coordina cos concellos e organizacións de recollida de residuos sólidos urbanos cos colectores amarelos: envases de plástico, latas e briks.
ECOEMBES | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1996 |
Localización | Paseo de la Castellana 83-85 11ª Planta 28046 Madrid |
Beneficio | 529 millóns de euros en 2017 |
Na rede | |
http://www.ecoembes.com/es e http://www.ecoembes.com/en | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O 60% do accionariado contrólano asociacións e empresas de envases, principalmente grandes compañías de alimentación e bebidas: Campofrío, Bimbo, Danone, Coca-Cola ou PepsiCo. O outro 40% pertence ao sector de materias primas e distribución: Tetra Pak, Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés, Mercadona e outras.
Segundo ADEGA, só o 25% dos envases de plástico se recicla, o 50% quéimase e outro 25% reexpórtase á China.[2]
Ecoembes en Galiza
editarEcoembes e Sogama colaboran na recollida de envases e na súa xestión. Os concellos galegos asociados ao programa de Sogama recollen envases nos colectores amarelos que son seleccionados en Cerceda. Ecoembes paga por este servizo aos concellos e a Sogama. En 2018, Sogama licitou este servizo por 17 227 400 euros máis IVE.[3] En 2017 en Galiza recolléronse 57.000 toneladas de envases.[4]
Notas
editar- ↑ "¿Quiénes somos?". ecoembes.com (en castelán). 2021. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "As empresas envasadoras, detrás do lucrativo negocio da reciclaxe". Sermos Galiza. 17 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "Sogama licita, por más de 17,2 millones, la gestión de su planta de clasificación de envases". Sermos Galiza. 20 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "Óscar Martín, consejero delegado de Ecoembes: «Investigamos para que los envases del futuro sean comestibles o biodegradables»". La Voz de Galicia. 29 de abril de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ecoembes |