Dut
banda de rock basca
Dut foi unha banda de rock de Hondarribia (Guipúscoa). As súas principais influencias foron bandas de hardcore que foron xirando cara ao post hardcore, como BAP!!, Fugazi (antigos Minor Threat), Helmet ou Black Flag. Publicaron tres discos de estudio e un disco en colaboración con Fermin Muguruza. Separáronse en 2001.
Dut | |
---|---|
Orixe | Hondarribia, País Vasco ![]() |
Período | 1994-2001 |
Xénero(s) | emocore, hardcore punk, rock |
Selo(s) discográfico(s) | Esan Ozenki |
Membros | Xabi Strubell Joseba Ponce Galder Izagirre |
Antigos membros | Eneko Manex |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Joseba e Galder seguen tocando en Kuraia, mentres que Xabi prodigouse como músico de estudio e acompañamento (gravou, entre outros, con Anari).
Membros
editar- Xabi Strubell: guitarra, voz.
- Joseba Ponce: baixo, voz.
- Galder Izagirre: batería, txalaparta, voz.
Membros anteriores
editar- Manex: voz, scratch.
- Eneko: guitarra, coros
Discografía
editarÁlbums
editar- Dut (Esan Ozenki, 1995). CD.
- At (Esan Ozenki, 1996). CD.
- Askatu Korapiloa (Esan Ozenki, 2000). CD.
Participacións en recompilatorios
editar- «Eromena abian» en Independentzia 10 Urtez (Esan Ozenki, 2001). Dobre CD recompilatorio dos dez anos de historia de Esan Ozenki.
Fermin Muguruza eta Dut
editar- Ireki Ateak (Esan Ozenki, 1998).