Drogheda United
O Drogheda United Football Club (en irlandés Cumann Peile Dhroichead Átha Aontaithe) é un club de fútbol da localidade de Drogheda, Condado de Louth (Irlanda) que compite na League of Ireland Premier Division. Xoga os seus partidos como local en Hunky Dorys Park, estadio cunha capacidade para 2.000 espectadores.
Drogheda United | |||
---|---|---|---|
Nome | Drogheda United Football Club Cumann Peile Dhroichead Átha Aontaithe | ||
Alcume(s) | Drogs, Turks, Boynesiders, Super Drogs | ||
Fundación | 1975 | ||
Estadio | Hunky Dorys Park, Drogheda, Irlanda | ||
Capacidade | 2.000 | ||
Presidente | ? | ||
Adestrador | ? | ||
Liga | First division | ||
Temp. 2019 | 2º First division | ||
Na rede | |||
http://www.droghedaunited.ie/ | |||
| |||
Historia
editarO club actual é o resultado da fusión de dous clubs da cidade, o Drogheda United, fundado en 1919, e o Drogheda F.C., fundado en 1962. A fusión de ámbolos dous clubs produciuse en 1975. En 1963, o Drogheda F.C. foi escollido para disputar a Liga de Irlanda.
Dende a fusión en 1975 que deu orixe ao club, o equipo obtivo os seus maiores logros nas competicións de copeiras do seu país. Apenas un ano despois da fusión, o equipo conseguiu chegar á final da FAI Cup, que logrou gañar no 2005. Entre os títulos máis importantes do club destacan a citada FAI Cup e a Setanta Cup. No 2007 acadou o ser primeiro título da Premier Division.[1]
Na liga, destaca o subcampionato acadado na tempada 1982-83, que lles permitiu acceder á Copa da UEFA, onde perderon ante o equipo inglés do Tottenham Hotspur por 0-6 e 0-8.
Dende 1976 disputa os seus partidos como local no United Park (actualmente Hunky Dorys Park). Anteriormente xogara no Lourdes Stadium.[2]
Rexistros europeos
editarParticipacións | Partidos | Gañados | Empatados | Perdidos | A favor | En contra |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 5 |
Participacións | Partidos | Gañados | Empatados | Perdidos | A favor | En contra |
---|---|---|---|---|---|---|
3 | 10 | 3 | 3 | 4 | 10 | 22 |
Total:
Participacións | Partidos | Gañados | Empatados | Perdidos | A favor | En contra |
---|---|---|---|---|---|---|
4 | 14 | 5 | 4 | 5 | 16 | 17 |
Opoñentes
editarTempada | Competición | País | Equipo | Resultado |
---|---|---|---|---|
1983-84 | Copa da UEFA Primeira rolda | Tottenham Hotspur F.C. | 0-6, 0-8 (0-14) | |
2006-07 | Copa da UEFA Primeira rolda | HJK Helsinki | 1-1, 1-3 (2-4) | |
2006-07 | Copa da UEFA Segunda rolda | I.K. Start | 1-0, 0-1 (1-1, 11-10 pen.) | |
2007-08 | Copa da UEFA Primeira rolda | A.C. Libertas | 1-1, 0-3 (1-4) | |
2007-08 | Copa da UEFA Primeira rolda | Helsingborgs I.F. | 1-1, 0,3 (1-4) | |
2008-09 | Liga de Campións da UEFA 1ª rolda clasificatoria | FC Levadia Tallinn | 2-1, 1-0 (3-1) | |
2008-09 | Liga de Campións da UEFA 2ª rolda clasificatoria | FC Dynamo Kyiv | 1-2, 2-2 (3-4) |
Palmarés
editar- FAI Cup:
- Campión: 2005
- Finalista: 1971, 1976
- League of Ireland Premier Division
- Campión: 2007
- League of Ireland:
- Finalista: 1982-83
- League of Ireland First Division:
- Campión: 1988-89, 1990-91, 1998-99, 2001-02
- Finalista: 1994-95, 1996-97
- League of Ireland Cup:
- Campión: 1983-84
- League of Ireland First Division Shield:
- Campión: 1991
- Setanta Cup:
- Campión: 2006, 2007
- Leinster Senior Cup:
- Finalista: 1982-83, 1985-86
- Tyler Cup:
- Finalista: 1979-80
- Presidents Cup:
- Finalista: 1970-71
Notas
editar- ↑ 2007 eircom League Premier Division Arquivado 13 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., eleven-a-side.com, 2007.
- ↑ Shop Arquivado 11 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine., Drogheda United Official Website, 2007.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Site oficial do Drogheda United FC (en inglés)
- Claret & Blue ClubArquivado 09 de outubro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Os Drogs en FAI.ie (en inglés)
- O Drogheda United en eircomloi.ie (en inglés)