Drogón da Bretaña
Drogón da Bretaña foi conde de Nantes e duque da Bretaña de 952 a 958.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 950 ![]() |
Morte | 958 ![]() Angers, Francia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Outro | |
Título | Duque ![]() |
Familia | House of Nantes (en) ![]() ![]() |
Pais | Alan II Duque da Bretaña ![]() ![]() |
Irmáns | Gerberge of Nantes Hoël I da Bretaña Guerech da Bretaña ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarDrogón (ou Dreux), era o único fillo lexítimo de Alan II Barbitorte e Roscila de Blois, irmá do conde Teobaldo I de Blois. Á morte prematura do seu pai sucedeuno como conde de Nantes e duque da Bretaña (952), cando só tiña dous anos. A súa tutela estivo asegurada polo seu tío Teobaldo I de Blois, que pronto fixo casar en segundas nupcias a súa irmá Roscila co conde Fulque II de Anjou.
O poder sobre a Bretaña foi compartido entón: Fulque recibiu o control do condado de Nantes e a garda do neno duque, mentres Teobaldo conservaba o dominio feudal sobre o norte da Bretaña pero delegaba a administración desta rexión, moi lonxe do seu dominio propio, aos seus dous aliados: o conde Juhel Berengario de Rennes que se declarou seu vasalo, e Jutohen, arcebispo de Dol.
Brutal foi a desaparición, quizais por envelenamento[1], de Drogón sobre 958 en Angers, na que, segundo a Crónica de Nantes, algúns viron a man de Fulque II de Anjou, xa que este tomou o control de Condado de Nantes desde o 958 ata a súa morte en 960, cando os nanteses chamaron ao goberno a Hoel I e, tras a súa morte, a Guerech, bispo da mesma cidade, ambos os dous fillos de Alan II Barbitorte.
Notas
editar- ↑ A Crónica de Nantes, páxinas 109-110, indica que a súa aia o tería escaldado durante o baño por orde de Fulque II de Anjou
Ligazóns externas
editar- A vida de Drogón é coñecida esencialmente pola Crónica de Nantes recompilada no século XI e accesíbel en Gallica, presentada e anotada por René Merlet.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- André Chédeville & Noël-Yves Tonnerre: La Bretagne féodale s. XIe-XIIIe. Éditions Ouest-France, Université Rennes (1987) ISBN 27-37300-14-2.
- Noël-Yves Tonnerre: Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du s. VIIIe à la fin du s. XIIe, Presses de l'Université d'Angers Angers (1994) ISBN 2-903075-58-9.