Doutrina católica sobre os dez mandamentos
A doutrina católica sobre os dez mandamentos son as ensinanzas oficiais que a Igrexa Católica recolle no seu catecismo sobre os mandamentos que figuran no Éxodo 20:1-17 e no Deuteronomio 5:2-21. O catolicismo ensina que os mandamentos son esenciais para mellorar no eido persoal e achegarse a Deus.[1] Neste senso «non son limitacións á liberdade» senón «sinais de liberdade que conforman unha lei de amor», segundo o papa Francisco.[2] Para a Igrexa, os mandamentos tamén forman a base da xustiza social.[3] Revisar os Mandamentos é un dos tipos máis comúns de exame de consciencia empregado polos católicos antes de recibir o sacramento da penitencia.[4]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/9c/Jo%C3%A3o_Zeferino_da_Costa_-_Mois%C3%A9s_recebendo_as_t%C3%A1buas_da_lei_-_1868.jpg/250px-Jo%C3%A3o_Zeferino_da_Costa_-_Mois%C3%A9s_recebendo_as_t%C3%A1buas_da_lei_-_1868.jpg)
Notas
editar- ↑ Kreeft 2001, p. 201-203.
- ↑ Radio Vaticana (9 de xuño de 2013). "Los Diez Mandamientos no son "restricciones a la libertad", sino un 'sí' al Amor"". News.va (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 17 de xuño de 2014.
- ↑ Carmody 2004, p. 82.
- ↑ O'Toole 2005, p. 146.