Dorsal Central do Índico
A dorsal Central do Índico é unha dorsal central océanica localizada de norte a sur na parte occidental do océano Índico.
Tipo | cordilleira Dorsal oceánica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Océano Índico | ||||
Localización | |||||
División administrativa | sen valor | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Límites
editarA dorsal Central do Índico considérase tradicionalmente que separa a placa africana da placa indoaustraliana. Do mesmo xeito, a zona de fractura de Owen no fin norte da dorsal dise que separa a placa indoaustraliana da placa arábiga. Con todo, os movementos na zona de fractura de Owen son insignificantes, e Arabia e a India móvense como unha única placa.
Historia tectónica
editarA dorsal Central do Índico abriuse durante a separación da Mascarene Plateau e a dorsal de Chagos-Laccadive en 38 Ma, ambos produto do punto quente da Reunión, único punto quente coñecido que interactuou coa dorsal Central do Índico. Agora situado a 1100 km da dorsal, o punto quente cruzou a dorsal preto dos paralelos 18-20°S, dende a placa india á africana, en 47 Ma. O punto quente da Reunión inclúe a dorsal de Chagos-Laccadive sobre a placa india que leva ata a costa india occidental onde o novo punto quente produciu as Deccan Traps en 66 Ma.[1][2]
A única estrutura por riba da auga preto da dorsal Central do Índico é a illa Rodrigues, cumio da enigmática dorsal de Rodrigues entre Mauricio e a dorsal.[1] A dorsal de Rodrigues alcanza a dorsal en 19°S a través dunha serie de cordais coñecidos como os tres Reis Magos.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Hellebrand et al. 2002, Geological setting, pp. 2306-2308
- ↑ 2,0 2,1 Murton et al. 2005, Geological setting, pp. 2–4
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hellebrand, E.; Snow, J. E.; Hoppe, P.; Hofmann, A. W. (2002). "Garnet-field melting and late-stage refertilization in 'residual'abyssal peridotites from the Central Indian Ridge". Journal of Petrology 43 (12): 2305–2338. doi:10.1093/petrology/43.12.2305. Consultado o 18 de setembro de 2016.
- Murton, B. J.; Tindle, A. G.; Milton, J. A.; Sauter, D. (2005). "Heterogeneity in southern Central Indian Ridge MORB: implications for ridge–hot spot interaction". Geochemistry, Geophysics, Geosystems 6 (3): n/a. doi:10.1029/2004GC000798. Consultado o 18 de setembro de 2016.
- Wiens, D. A.; DeMets, C.; Gordon, R. G.; Stein, S.; Argus, D.; Engeln, J. F. (1985). "A diffuse plate boundary model for Indian Ocean tectonics". Geophysical Research Letters 12 (7): 429–432. doi:10.1029/GL012i007p00429. Consultado o 30 de xullo de 2016.
- TAIGA Concept (2015). "Part II Central Indian Ridge". En Ishibashi, J.; Okino, K.; Sunamura, M. Subseafloor Biosphere Linked to Hydrothermal Systems. Springer. pp. 133–214. ISBN 978-4-431-54865-2. doi:10.1007/978-4-431-54865-2.