Donald I de Escocia
Domnall mac Ailpín (gaélico moderno:Dòmhnall mac Ailpein),[1] anglificado ás veces como Donald MacAlpin, e coñecido nas listas máis modernas de reis como Donald I. Nado no 812 e finado o 13 de abril do 862. Foi rei dos pictos de 858 a 862. Sucedeu ao seu irmán Kenneth MacAlpin (Cináed mac Ailpín) no trono.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (gd) Domnall mac Ailpín (en) Donald I ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 812 ![]() Iona, Reino Unido ![]() |
Morte | 13 de abril de 862 ![]() Perthshire, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Abadía de Iona ![]() |
Monarca de Escocia | |
13 de febreiro de 858 – 13 de abril de 862 ← Kenneth I de Escocia – Constantino I de Escocia → | |
Lista de reis dos pictos | |
858 – 862 ← Kenneth I de Escocia – Constantino I de Escocia → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | rei ![]() |
Familia | |
Familia | Casa de Alpin ![]() |
Fillos | Giric de Escocia ![]() |
Pai | Alpín mac Echdach ![]() |
Irmáns | Kenneth I de Escocia ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
Na Crónica dos reis de Alba dise que Domnall reinou durante catro anos; segundo os Anais do Ulster desde a morte de seu irmán en febreiro de 858 ata abril de 862.[2] Na Crónica:
No seu momento os gaels co seu rei fixeron os dereitos e as leis do reino, [chamadas] do fillo de Eochaid, Aed, en Forteivot [3]
As leis de Aed Find están totalmente perdidas, pero suponse que, ao igual que as leis atribúense a Giric e Constantino II (Caustantín mac Áeda), relacionadas con estes á Igrexa e en particular á concesión dos privilexios e inmunidades comúns noutros lugares.[4] A importancia de Forteviot como centro lexislativo, xunto coa morte de Kenneth e a posterior asemblea de Constantino na próxima Scone, poden sinalar este como o corazón do apoio aos filos de Alpin.
A Profecía de Berhchán pode referirse a Donald nos versos 123-124:
O mal será a parte de Escocia debido [á morte de Kenneth MacAlpin]; moito tempo será a isto ata que veña. Moito tempo ata que o rei tome [a soberanía], o fillo cruel da esposa estranxeira. El estará tres anos no reino e tres meses (aínda lles pese a eles). A súa lápida estará en Loch Awe. Morirá de enfermidade.[5]
Aínda que polo xeral suponse que Domnall tivo fillos (supostamente Giric), lendo o seu apelido como mac Domnaill en lugar do común Dúngail.[6] Isto, porén, non é amplamente aceptado.[7]
Donald finou no Palacio de Cinnbelachoir (localización descoñecida) ou en Rathinveralmond (tamén descoñecido, podendo ser o mesmo lugar, crese que estaba preto da bifurcación do río Almendra e o río Tay.) [8] Foi enterrado en Iona.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Anderson, Alan Orr, Early Sources of Scottish History A.D 500–1286, volume 1. Reprinted with corrections. Paul Watkins, Stamford, 1990. ISBN 1-871615-03-8
- Duncan, A. A. M., The Kingship of the Scots 842–1292: Succession and Independence. Edinburgh: Edinburgh University Press, 2002. ISBN 0-7486-1626-8
- Smyth, Alfred P., Warlords and Holy Men: Scotland AD 80–1000. Edinburgh UP, Edinburgh, 1984. ISBN 0-7486-0100-7
Ligazóns externas
editarPredecesor: Kenneth I de Escocia |
Rei de Escocia 858–862 |
Sucesor: Constantino I de Escocia |