Dominio Gla
O dominio Gla, dominio GLA[1] ou dominio carboxilación dependente de vitamina K/gamma-carboxiglutámico (en inglés vitamin K-dependent carboxylation/gamma-carboxyglutamic domain) é un dominio proteico que contén modificacións postraducionais de moitos residuos de glutamato producidos por carboxilación dependente de vitamina K que se transformarom en γ-carboxiglutamato (Gla). As proteínas con este dominio denomínanse informalmente proteínas Gla. Os residuos Gla son responsables da alta afinidade de unión para os ións calcio.[2][3]
Dominio Gla | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ancoraxe do factor VIIa de coagulación á membrana por medio do seu dominio GLA | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Gla | ||||||||
Pfam | PF00594 | ||||||||
InterPro | IPR000294 | ||||||||
PROSITE | PDOC00011 | ||||||||
SCOPe | 1cfi / SUPFAM | ||||||||
OPM superfamily | 89 | ||||||||
OPM protein | 1pfx | ||||||||
Membranome | 342 | ||||||||
|
O dominio Gla únese a ións calcio quelándoos entre dous residuos de ácido carboxílico. Estes residuos forman parte dunha rexión que empeza no extremo N-terminal da forma madura das proteínas Gla e que acaba cun residuo aromático conservado. Isto orixina un motivo conservado Gla-x(3)-Gla-x-Cys,[4] que se encontra no medio do dominio, e que parece ser importante para o recoñecemento do substrato pola carboxilase.
Resolveuse a estrutura tridimensional de varios dominios Gla.[5][6] Os ións calcio inducen cambios conformacionais no dominio Gla e son necesarios para que o dominio Gla se pregue debidamente. Unha característica estrutural común dos dominios Gla funcionais é o agrupamento de residuos hidrófobos N-terminais nun parche hidrofóbico que media a interacción coa membrana da superficie celular.[6]
Actualmente, as seguintes proteínas humanas que conteñen o dominio Gla (proteínas Gla) foron caracterizadas ata o nivel da estrutura primaria: os factores de coagulación II (protrombina), VII, IX, e X, as proteínas anticoagulantes C e S, e a proteína Z que se une ao factor X. A proteína Gla ósea osteocalcina, a proteína Gla da matriz (MGP) inhibidora da calcificación, a proteína "detención do crecemento específica do xene 6" (GAS6, do inglés "growth arrest specific gene 6" protein) reguladora do crecemento celular, a periostina (un factor necesario para a migración e adhesión de células epiteliais), dúas proteínas Gla transmembrana (TMGP), e dúas proteínas Gla ricas en prolina (PRGP), de función descoñecida.
En todos os casos nos cales se coñecen as súas funcións, a presenza de residuos Gla nestas proteínas considérase esencial para a súa actividade funcional.[7]
Subfamilias
editar- Factor de coagulación, rexión Gla InterPro: IPR002383
Proteínas humanas que conteñen este dominio
editarNesta lista só se indican as funcións coñecidas principais, xa que o seu coñecemento é incompleto.
- Trombina (F2) (ou factor de coagulación II; e tamén o seu precursor a protrombina) – implicados na coagulación do sangue
- Factor VII (F7) – intervén na coagulación
- Factor IX (F9) – coagulación
- Factor X (F10) – coagulación
- Proteína C (PROC) – regula a anticoagulación, inflamación, morte celular e mantemento da permeabilidade vascular
- Proteína S (PROS1) – implicada na coagulación do sangue
- Proteína Z (PROZ) – coagulación
- Osteocalcina (BGLAP) – intervén na mineralización do óso e formación de memoria.[8]
- Proteína Gla da matriz (MGP) – inhibidora da calcificación dos tecidos brandos e xoga un papel na organización do óso
- GAS6 – crese que está implicada na estimulación da proliferación celular
- Transtiretina (TTR), antes chamada prealbumina – transporta a hormona tiroxina (T4) polo sangue e líquido cefalorraquídeo
- Inhibidor da inter-alfa-tripsina cadea pesada H2 (ITIH2) – xoga un papel nos illotes de Langerhans pancreáticos e en moitos outras células
- Periostina – un factor necesario para migración celular (desenvolvemento embrionario e resposta inmune) e a adhesión de células epiteliais, sobreexpresada nalgúns cancros
- Gla 1 rica en prolina (PRRG1)
- Gla 2 rica en prolina (PRRG2)
- Gla 3 rica en prolina (PRRG3)
- Gla 4 rica en prolina (PRRG4)
Notas
editar- ↑ SUPERFAMILY GLA domain
- ↑ Friedman PA, Przysiecki CT (1987). "Vitamin K-dependent carboxylation". Int. J. Biochem. 19 (1): 1–7. PMID 3106112. doi:10.1016/0020-711X(87)90116-9.
- ↑ Vermeer C (1990). "Gamma-carboxyglutamate-containing proteins and the vitamin K-dependent carboxylase". Biochem. J. 266 (3): 625–636. PMC 1131186. PMID 2183788. doi:10.1042/bj2660625.
- ↑ Price PA, Fraser JD, Metz-Virca G (1987). "Molecular cloning of matrix Gla protein: implications for substrate recognition by the vitamin K-dependent gamma-carboxylase". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 84 (23): 8335–8339. PMC 299537. PMID 3317405. doi:10.1073/pnas.84.23.8335.
- ↑ Freedman SJ, Furie BC, Furie B, Baleja JD (1995). "Structure of the metal-free gamma-carboxyglutamic acid-rich membrane binding region of factor IX by two-dimensional NMR spectroscopy". J. Biol. Chem. 270 (14): 7980–7987. PMID 7713897. doi:10.1074/jbc.270.14.7980.
- ↑ 6,0 6,1 Freedman SJ, Furie BC, Furie B, Baleja JD, Blostein MD, Jacobs M (1996). "Identification of the phospholipid binding site in the vitamin K-dependent blood coagulation protein factor IX". J. Biol. Chem. 271 (27): 16227–16236. PMID 8663165. doi:10.1074/jbc.271.27.16227.
- ↑ Suttie, J.W. (1993-03-01). "Synthesis of vitamin K-dependent proteins" (PDF). The FASEB Journal. The Federation of American Societies for Experimental Biology. Consultado o 2014-11-17.
- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=xMcoTWvf0Kk
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |