Domingo Pombo

político galego

Domingo Pombo López, nado en Ferrol en 1908 e finado en Santiago de Compostela o 2 de outubro de 2002, foi un político galego.

Modelo:BiografíaDomingo Pombo
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 2002 Editar o valor en Wikidata (93/94 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 6785

Traxectoria

editar

Militante do Partido Galeguista, foi nomeado Presidente do Partido Galeguista de Ferrol en febreiro de 1935.[1] Pertenceu ao Comité Executivo da Fronte Popular de Ferrol en representación do Partido Galeguista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e ocultouse en Vigo.

O 23 de abril de 1937, estando agochado en Vigo, quedara con outros nove camaradas para fuxiren a Francia, mais foron delatados e produciuse o asalto do bou Eva. Pombo, que fora informado con pouca precisión, chegou tarde, circunstancia que o salvou da morte. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1941 por ser directivo do Partido Galeguista,[2] que foi sobresido en setembro de 1944.[3]

Viviu agochado nun faiado en Vigo durante cinco anos e logo marchou a Santiago de Compostela, onde estivo outros cinco anos tamén oculto noutro faiado. En 1945 puido saír. Nos anos sesenta integrouse no Partido Socialista Galego. Finou en Santiago de Compostela o 2 de outubro de 2002.[4]