Dolores Galovart
María Dolores Galovart Carrera, nada en Huelva o 5 de xaneiro de 1955, é unha xuíza e política galega do PSdeG-PSOE.
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xaneiro de 1955 ![]() Huelva, España ![]() |
![]() | |
18 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
![]() | |
7 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - dereito ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xuíza (–2022), maxistrada (–2022), política ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Ventura Pérez Mariño ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/32/Elecci%C3%B3ns_a_Cortes_Xerais_2016._Deputados._Pontevedra._PSdeG-PSOE.jpg/220px-Elecci%C3%B3ns_a_Cortes_Xerais_2016._Deputados._Pontevedra._PSdeG-PSOE.jpg)
Traxectoria
editarLicenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi xuíza e maxistrada. Foi vicevaledora segunda, posto do que dimitiu en maio de 2012.[1] Logo foi xuíza de Familia dos xulgados de Vigo. Encabezou a lista do PSOE pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 2015 e nas de 2016.
Xubilouse como xuíza en Las Palmas de Gran Canaria en 2022. En 2025 foi designada Valedora do Cidadán do Concello de Vigo, sucedendo a Luís Espada Recarey que exercía o cargo desde 2002.
Vida persoal
editarEstivo casada co tamén xuíz e político Ventura Pérez Mariño, finado en 2024, e é nai de Claudia e Denís Pérez Galovart.
Distincións
editarNo ano 2014 foi galardoada co premio Viguesa Distinguida.
Notas
editar- ↑ "Dimite la vicevaledora tras las declaraciones de Benigno López" (4/5/2012). El País
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Galovart Carrera, María Dolores" na páxina web do Congreso dos Deputados.