Dolmen de Cabaleiros
O dolmen de Cabaleiros, tamén chamado Casa da Moura, Casa dos Mouros ou Couza do Cacheiro, é un monumento megalítico situado na parroquia de Cabaleiros, pertencente ao concello coruñés de Tordoia, comarca de Ordes[2].
Dolmen de Cabaleiros | |
---|---|
Ben de Interese Cultural | |
Localización | |
País | Galiza |
concello | Tordoia |
Coordenadas | 43°05′49″N 8°33′01″O / 43.0969, -8.55033 |
Datos xerais | |
Data | 15-04-1978 |
Categoría | Monumento |
Código | RI-51-0004272-00000[1] |
Construción | Prehistoria - |
Estilo | Megalitismo |
Mapa de localización | |
O dolmen é propiedade da Deputación da Coruña e foi declarado en 1975 Monumento Histórico Artístico[3], considerándose na actualidade como Ben de Interese Cultural[4]
Descrición
editarEstá sobre un túmulo dun diámetro aproximado de 30 metros e dous metros de altura. O dolmen está formado por sete ortóstatos máis a lousa de teito de 4×3,40 m. A cámara é poligonal aberta con corredor orientado ao leste. Está datado no terceiro milenio antes da era actual.[5]
Ocupación e asentamento
editarA existencia deste dolmen na área de Tordoia indícanos que o grupo étnico do período megalítico asentado na zona era un dos máis importantes. Dise tamén que estas construcións colocábanas para delimitar territorios asentados, que tras facer unha selección para os pastos e cultivo, queimaban zonas de arboleda, e sobre as súas cinzas dedicábano á agricultura. Este dato podería ser bastante preciso debido á orografía do terreo e á calidade dos os seus pastos que repercute na súa actividade económica, gandeira e os cultivos forraxeiros[6]
Lenda
editarEste dolmen, chamado tamén Casa da Moura, porque segundo conta unha lenda, unha moura, trasladou a pedra de 4,60 metros de longo sobre a cabeza, mentres tecía un vestido[7]
Situación
editarLocalización:
editarSita na Avenida do Dolmen s/n, parroquia de Cabaleiros.
Coordenadas:
editar43.096922, -8.550280
Accesos:
editar- CP 8401 – PK 4,3 dende Santiago
- CL 4130 dende Ordes, Cerceda e Carballo
- AC 400 dende Santa Comba e Val do Dubra
- CP 1914 dende Coristanco, Carballo e Santiago
Galería de imaxes
editar-
Vista frontal
Notas
editar- ↑ base de datos de bienes inmuebles, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
- ↑ Deputación da Coruña (ed.). "Dolmen de Cabaleiros". Consultado o 31 de agosto de 2013.
- ↑ Toledo, Mar. el correo gallego.es, ed. "Seis mil años de vida del Dolmen de Cabaleiros". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2013.
- ↑ Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
- ↑ "Dolmen de Cabaleiros". Patrimonio Galego. 14-09-2011. Consultado o 30-04-2018.
- ↑ "Dolmen de Cabaleiros. Turismo de Tordoia". Concello de Tordoia. Consultado o 21/08/2020.
- ↑ Vaqueiro, Víctor (1998). Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria. Ed. Galaxia. p. 139. ISBN 84-8288-205-8.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dolmen de Cabaleiros |
Bibliografía
editar- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.