Dokos é tamén unha cidade da parte central da prefectura de Ródope, véxase Dokos
Dokos (grego: Δοκός) é unha pequena illa grega do golfo Argosarónico, adxacente a Hidra, e separada do Peloponeso por un estreito chamado nalgúns mapas "golfo de Hidra." A illa está poboada unicamente por algúns monxes ortodoxos e perennes mandas de ovellas. A illa é rochosa e alcanza unha altura de 308 metros.
Desde a antigüidade é considerada como unha localización estratéxica. No lado leste atópanse as ruínas dun gran castelo Bizantino - Veneciano.
Dokos, segundo estudos arqueolóxicos, foi habitada desde a idade do cobre de 6000 aC.
En 1975 Peter Throckmorton descubriu o Naufraxio de Dokos. Que é considerado como o máis antigo naufraxio do planeta [Cómpre referencia] Está datado entre 2500 e 2000 antes de Cristo.