División de Honra B de Rugby 2004-2005
A tempada 2004-2005 da División de Honra B foi a sétima edición da segunda competición de liga do rugby en España, creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.
Formato de competición
editarNesta edición o número de participantes medrou de dez a dezaseis, e o formato de competición tivo un troco salientable, xa que o torneo dividiuse en dous grupos de oito equipos cada un. Esta división de natureza xeográfica tivo como obxectivo que os equipos tivesen menos desprazamentos e que fosen máis curtos, para reducir gastos. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España incluíndo a Madrid.
Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo. Por outra banda, o peor equipo de cada grupo perdeu a categoría de xeito directo, e o penúltimo tivo que disputar unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.
Fase de liga regular
editarGrupo 1
editarPosto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | Ordizia R.E. | 25 | 14 | 12 | 1 | 1 | 568 | 188 |
2º. | B.U.C. | 24 | 14 | 12 | 0 | 2 | 728 | 135 |
3º. | Hernani C.R.E. | 18 | 14 | 8 | 2 | 4 | 335 | 285 |
4º. | R.C. L'Hospitalet | 17 | 14 | 8 | 1 | 5 | 522 | 279 |
5º. | Vigo R.C. | 11 | 14 | 5 | 1 | 8 | 305 | 368 |
6º. | Oviedo R.C. | 10 | 14 | 4 | 2 | 8 | 255 | 315 |
7º. | Durango R.T. | 7 | 14 | 3 | 1 | 10 | 213 | 435 |
8º. | León R.C. | 0 | 14 | 0 | 0 | 14 | 78 | 999 |
Grupo 2
editarPosto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | C.R. Les Abelles | 24 | 14 | 12 | 0 | 2 | 420 | 174 |
2º. | C.R. Liceo Francés | 20 | 14 | 10 | 0 | 4 | 418 | 182 |
3º. | R.C. Valencia | 16 | 14 | 8 | 0 | 6 | 249 | 241 |
4º. | C.A.U. Valencia | 14 | 14 | 7 | 0 | 7 | 250 | 329 |
5º. | C.R. Cisneros | 13 | 14 | 6 | 1 | 7 | 296 | 245 |
6º. | C.R.A. Portuense | 12 | 14 | 6 | 0 | 8 | 280 | 324 |
7º. | C.A.R. | 9 | 14 | 4 | 1 | 9 | 280 | 371 |
8º. | C.U.R. Murcia | 4 | 14 | 2 | 0 | 12 | 176 | 503 |
Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). |
|
Fase de ascenso
editarSemifinais | Final | ||||||
C.R. Les Abelles | 12 | 12 | |||||
B.U.C. | 28 | 20 | |||||
B.U.C. | 36 | ||||||
Ordizia R.E. | 47 | ||||||
Ordizia R.E. | 10 | 17 | |||||
C.R. Liceo Francés | 13 | 3 |
O campión da categoría foi o Ordizia Rugby Elkartea, que acadou o ascenso á División de Honra co finalista Barcelona Universitari Club.
O Durango e o CAR acadaron a permanencia superando nas eliminatorias pola permanencia ó At.San Sebantián e ó CAR Cáceres respectivamente.