Dionisio Quintillán Cardesín
Dionisio Quintillán Cardesín, nado en Sorribas (Forcarei) e finado en Poio o 20 de decembro de 1960, foi un agrarista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Forcarei, España ![]() |
Morte | 20 de decembro de 1960 ![]() Poio, España ![]() |
![]() | |
1924 – valor descoñecido ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarDe ideoloxía republicano-socialista e defensor do redencionismo, percorreu Galicia para concienciar os labregos contra os foros. Afincouse a comezos da década de 1920 en Poio, onde foi secretario municipal. Presidiu a Sociedade La Redención de Poio, foi secretario da Sociedad de Obreros y Agricultores de Poio (1921). No IV Congreso Provincial Agrario celebrado en Ponteareas en xullo de 1919, defendeu o abolicionismo. Foi elixido deputado provincial en 1921. Foi detido o 11 de agosto de 1921 xunto coa directiva da sociedade agraria de Poio a causa da explosión dunha bomba na casa do procurador Rivas en Porto Santo,[1] aínda que foron postos en liberdade o día 15.[2] Dirixiu O Castrove e colaborou en Nueva Aurora e noutros periódicos galegos e españois con artigos sobre temática agraria. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Poio en xullo de 1924.[3][4] Foi nomeado recadador de arbitrios e depositario do Concello de Poio en 1929. Participou na campaña do Estatuto de autonomía de 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido como recadador de arbitrios e depositario do Concello de Poio o 7 de agosto. Foi detido en setembro,[5] salvou a vida grazas á intervención dos mercedarios do convento de San Xoán de Poio, estivo preso primeiro en Pontevedra e despois foi deportado a Ribadavia ata 1941. Procesado por malversación de fondos do concello de Poio e xulgado na Audiencia de Pontevedra o 30 de setembro de 1938,[6] foi absolto.[7] Foi expedientado por responsabilidades políticas.[8]
Predecesor: ? |
Alcalde de Poio 1924 - ? |
Sucesor: ? |
Vida persoal
editarEra irmán de Francisco Quintillán Cardesín e pai de Dionisio Quintillán Rey.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Pereira, Dionisio (2010). As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei. Cerdedo: Verbo Xido. p. 29. Consultado o 11 de outubro de 2012.
- Pereira, Dionisio (2006). "A saga dos Quintillán de Sorribas". Verbo Xido (14/15).