Dino Spadetto
Dino Spadetto, nado en Caerano di San Marco, Treviso, o 25 de xaneiro de 1950, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro.
![]() (1970) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1950 ![]() Caerano di San Marco, Italia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 71 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1981) ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFormouse como futbolista no Montebelluna, fichando en 1966 polo Inter de Milán. Debutou co primeiro equipo aos 18 anos, o 27 de outubro de 1968, nunha goleada por 4-0 ante o Cagliari.[1] Con todo, só disputou cinco partidos co club negro e azul e na tempada 1969/70 foi cedido ao Bari, tamén da Serie A. Na seguinte tempada foi cedido á Sampdoria, nunha operación na que entraron tamén o galego Luis Suárez, traspasado ao club xenovés, e Mario Frustalupi, que pasou a ser xogador do Inter.[2]
A continuación pasou polo Parma na Serie B, polo Venezia na Serie C e polo Terranova na Serie D, onde conseguiu o ascenso á Serie C2 na tempada 1978/79.[3] Pechou a súa carreira despois de dúas tempadas no Acireale.
Disputou un total de 46 partidos na Serie A, na que marcou 9 goles, e 15 na Serie B.
Selección italiana sub-21
editarFoi internacional coa selección italiana sub-21, coa que disputou tres partidos e marcou un gol.
Notas
editar- ↑ "Italy 1968/69". rsssf.com (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2022.
- ↑ "El Sampdoria, afirma haber ultimado el traspaso de Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 1970. p. 14.
- ↑ "Calcio" (en italiano). Consultado o 18 de abril de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).