Diego Valero González
guerrilleiro antifranquista
Diego Valero González, nado en Cambil (provincia de Xaén) en 1921 e finado en Pontevedra o 3 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1921 Cambil, España |
Morte | 3 de setembro de 1946 (24/25 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | pena de morte |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Traxectoria
editarMembro do grupo de Rogelio García Morales O Maletas na zona nororiental da provincia de Pontevedra. Participou en varios asaltos na comarca de Deza. O 14 de xuño de 1944 produciuse a morte do garda civil José Salgueiro Rey nun enfrontamento no lugar de Ponte Retorta (Manduas), paso obrigado entre A Bandeira e as Minas da Brea. Como consecuencia foi detido con Luis Blanco López, Juan Rodríguez Alén e Manuel Rodríguez Díaz. Xulgados en Pontevedra en consello de guerra o 21 de maio de 1946,[1] Luis e Diego foron condenados a morte e executados no cárcere da Parda o 3 de setembro de 1946.[2]
Notas
editar- ↑ La Noche, 18-5-1946, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 7-9-1946, p. 8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 134. ISBN 84-8485-231-8.