Diego Aguirre Parra

futbolista español

Diego Aguirre Parra, nado en Toledo o 17 de outubro de 1990, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo e centrocampista no CD Manchego, da Segunda División RFEF.

Modelo:BiografíaDiego Aguirre Parra
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,70 m.
Peso62 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, Rayo Vallecano Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2009–2011 CD Toledo B 41(9)
2011–2014   Club Deportivo Toledo 102(15)
2014–   Rayo Vallecano
2014–2015 cesión   Club Deportivo Leganés 36(2)
2015–2016 cesión   Real Oviedo 20(0)

Traxectoria

editar

Criouse na canteira do Toledo, e entre 2009 e 2011 xogou no seu filial, o Toledo B. En decembro de 2010 debutou co primeiro equipo na Terceira División, nun encontro fronte ao Manzanares, e na tempada seguinte subiu definitivamente ao primeiro equipo, no que militou ata 2014, vivindo dous ascensos a Segunda B e un descenso.

En xuño de 2014 anunciouse oficialmente a súa fichaxe polo Rayo Vallecano, da Primeira División, para a tempada seguinte e dúas máis, e foi presentado publicamente o día 15, xunto a Derek Boateng.[1] Con todo, un mes despois foi cedido ao Leganés, da Segunda División, categoría na que debutou na segunda xornada fronte ao Llagostera.[2] Marcou o seu primeiro gol na xornada 8 contra o Sporting de Gijón no Molinón e disputou case todos os encontros da tempada, 24 deles como titular. Na seguinte campaña xogou cedido no Real Oviedo, onde só puido disputar 10 encontros como titular.[3] Na tempada 2016/17 regresou de Oviedo para xogar cun descendido Rayo. Vestiu a camiseta do club madrileño dúas campañas, xogando 39 partidos e marcando cinco goles, e proclamándose na segunda delas campión de Segunda, con Míchel no banco.

En 2018 deixou o equipo madrileño para fichar polo Real Zaragoza, onde disputou 22 encontros, 7 deles como titular. Despois dunha tempada no club aragonés, en xuño de 2019 marchou a Chipre, ingresando no Apollon Limassol, da Primeira división chipriota.[4] En xaneiro de 2021 regresou a España e fichou polo Numancia, de Segunda B, sendo titular en case todos os restantes encontros da tempada.[5]

Ao remate desta foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña para a nova Primeira División RFEF.[6] No club galego tivo que competir polo posto de lateral esquerdo con Héctor Hernández e xogou tamén algún partido como lateral dereito e como extremo.[7] Completou a campaña cun total de 20 encontros, 11 deles como titular. Ao remate da competición o club comunicoulle que non renovaría o seu contrato.[7]

A continuación fichou polo Fuenlabrada, da mesma categoría,[8] co que disputou 36 partidos, 17 deles como titular. Para a tempada 2023/24 baixou unha categoría para xogar co CD Manchego na Segunda División RFEF.[9]

  1. "El club ata a Álex Moreno y presenta a Boateng y Aguirre". As (en castelán). 15 de xullo de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  2. "Diego Aguirre jugará en el Leganés cedido por el Rayo" (en castelán). 29 de agosto de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  3. "Diego Aguirre será cedido al Oviedo tras la firma de Rat con el Rayo". Marca (en castelán). 20 de agosto de 2015. Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  4. "Diego Aguirre se va traspasado al Apollon chipriota". Marca (en castelán). 7 de xuño de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  5. "Aguirre completa la plantilla del Numancia 20-21". Numancia (en castelán). 12 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  6. "Diego Aguirre, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 8 de xuño de 2021. Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  7. 7,0 7,1 Antelo, Iván (29 de xuño de 2022). "El Deportivo le comunica a Diego Aguirre que no renovará su contrato". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de xuño de 2022. 
  8. "Diego Aguirre ficha por el Fuenlabrada y se enfrentará al Deportivo" (en castelán). 14 de agosto de 2022. Consultado o 14 de agosto de 2022. 
  9. "El toledano Diego Aguirre, nuevo fichaje del Manchego" (en castelán). 14 de agosto de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar