Die Jackobsbrüder
Die Jackobsbrüder é un romance escrito a mediados do século XIV por Kunz Kistener en alsaciano sobre a peregrinación a Santiago de Compostela.
Características
editarConsta de 1230 versos, escritos en loanza do apóstolo Santiago, a historia segue o modelo de Amis et Amiles.[1]
Argumento
editarUn conde bávaro e a súa dona non poden ter fillos. Desesperado, o conde rógalle axuda ao apóstolo Santiago, prometéndolle que, se é neno, o mandará en peregrinación a Compostela, cando o rapaz, de nome Santiago, se fai maior coñece a intercesión do apóstolo e decide partir inmediatamente en peregrinación a cabalo, logo do primeiro mes no camiño pérdese, coa axuda dun mozo que tamén vai a Compostela consegue atopar o camiño, xuntos deciden ir xuntos toda a andaina cara a Galicia pero despois dunhas poucas semanas Santiago enferma e morre, o seu amigo leva o cadáver de Santiago ata Compostela, no altar de xeonllos reza e o corpo de Santiago resucita.
Notas
editar- ↑ Vicente Almazán El romance alsaciano "Los peregrinos de Santiago" a mediados del siglo XIV en Actas do Segundo Congreso de Estudos Galegos. Galaxia, 1991, páxina 109