Die Abenteuer des Prinzen Achmed
Die Abenteuer des Prinzen Achmed é unha película animada de longa duración de 1926 realizada pola animadora alemá Lotte Reiniger. É a longametraxe animada máis antiga que se conserva.[1] Realizouse coa técnica de animación de siluetas que Reiniger inventara, consistente en manipular recortes de cartón e láminas finas de chumbo baixo unha cámara. A técnica que empregou para a cámara é similar ás sombras do Wayang. A película orixinal estaba coloreada. A historia está baseada en elementos tomados de As mil e unha noites, especialmente A historia do príncipe Ahmed e a fada Paribanou, que aparece en The Blue Fairy Book de Andrew Lang. Coa axuda de Aladino, a Bruxa da Montaña de Fogo e un cabalo máxico, o protagonista loita contra un meigo africano para conseguir a man de Peri Banu.
As aventuras do príncipe Achmed | |
---|---|
![]() | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Die Abenteuer des Prinzen Achmed |
Director | Lotte Reiniger Carl Koch |
Guión | Lotte Reiniger |
Baseado en | As mil e unha noites |
Música | Wolfgang Zeller |
Fotografía | Carl Koch |
Distribuidora | Comenius-Film GmbH |
Estrea | 1926 |
Duración | 65 min. (a 24 fps) |
Orixe | Alemaña |
Xénero | Animación |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Notas
editar- ↑ Quirino Cristiani realizou dúas longametraxes animadas anteriormente, [1], que non se conservan.