Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego
O Diccionario galego-castelán[1] é un dicionario bilingüe galego castelán coas definicións en castelán elaborado por Xosé Luís Franco Grande para a Editorial Galaxia en 1968, para a segunda edición publicada en 1972 engadíronse 5.000 voces novas ata totalizar 42.674, incorporándose un vocabulario castelán galego que se publicou tamén de forma independente, o dicionario foi un éxito editorial, tivo oito edicións, a última en 1983, vendendo máis de 90.000 exemplares.
Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego | |
---|---|
Autor/a | Xosé Luís Franco Grande |
Lingua | lingua galega e lingua castelá |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1968 |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Para o dicionario de Leandro Carré Alvarellos vexa Diccionario galego-castelán.
Elaboración
editarFranco Grande publicou un dicionario que pretendía cubrir a necesidade do galego de contar cun dicionario manual para un público amplo[2], integrou para iso os dicionarios galegos anteriores eliminando as palabras coincidentes co castelán e integrando outras procedentes de obras lexicográficas[3] que tiveran escasa difusión ata entón e da súa comarca natal.
Notas
editar- ↑ Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego é o título desde a segunda edición.
- ↑ Santamarina, A.: "Los diccionarios gallegos y su versión electrónica", en Colón, G. e Gimeno, L. (eds.): Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic. Universitat Jaume I, 2006, p. 204.
- ↑ Santamarina, A.: "Norma e estándar", en Monteagudo, H. (ed.): Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Galaxia, 1995, p. 83.