Un diagrama causal ou diagrama de bucle causal (en inglés Casual Loop Diagram, CLD) é a representación gráfica de múltiples relacións causa-efecto entre as distintas variábeis implicadas nun proceso.[1]

Exemplo de bucle positivo : Saldo e intereses

Na teoría de sistemas, un diagrama causal é un tipo de diagrama que mostra graficamente as entradas ou inputs, o proceso e as saídas ou outputs dun sistema causa-efecto, coa súa retroalimentación (feedback) para o subsistema de control.

Bucles causais

editar
  • Bucle causal positivo. Significa que os cambios en ambos os nodos van na mesma dirección, é dicir, se o nodo no que comeza o bucle diminúe, o outro nodo tamén diminúe. Do mesmo xeito, se se incrementa o nodo no que comeza o bucle, o outro nodo tamén se incrementa.
  • Bucle causal negativo. Significa que os cambios dos dous nodos van en direccións opostas, é dicir, se o nodo no que comeza o bucle aumenta, entón o outro nodo diminúe, e viceversa.

Exemplo

editar
 
Diagrama de bucle causal dinámico con enlaces positivos e negativos
  1. "What is Causal Loop Diagram? (With Examples)". online.visual-paradigm.com. Consultado o 2024-12-02. 

Véxase tamén

editar