Deutsches Wörterbuch
dicionario etimolóxico da lingua alemá
O Deutsches Wörterbuch é un dos máis importantes dicionarios etimolóxicos da lingua alemá. Trátase dun dicionario en 33 volumes con etimoloxías e exemplos de uso do léxico alemán. O título, traducido literalmente ó galego, significa "Dicionario Alemán".
Deutsches Wörterbuch | |
---|---|
Título orixinal | Deutsches Wörterbuch |
Autor/a | irmáns Grimm, Jacob Grimm e Wilhelm Grimm |
Lingua | lingua alemá |
Data de pub. | 1854 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi comezado polos Irmáns Grimm en 1838. Cando se completou en 1961, o dicionario constaba de 350.000 entradas principais. En 1971 publicouse o último volume, que consistía nun suplemento con referencias.