Deuteronomio
O Deuteronomio (do grego τὸ Δευτερονόμιον / tò Deuteronomion, "a segunda lei"; hebreo: דְּבָרִים, Devarim, "estas son as palabras") é un dos libros da Biblia.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/a5/%D0%A4%D1%80%D0%B0%D0%BD%D1%86%D1%8B%D1%81%D0%BA_%D0%A1%D0%BA%D0%B0%D1%80%D1%8B%D0%BD%D0%B0._%D0%9C%D0%B0%D0%B9%D1%81%D0%B5%D0%B9_%D0%BF%D0%B5%D1%80%D0%B0%D0%B4_%D0%BD%D0%B0%D1%80%D0%BE%D0%B4%D0%B0%D0%BC._%D0%9A%D0%BD%D1%96%D0%B3%D0%B0_%D0%94%D1%80%D1%83%D0%B3%D1%96_%D0%B7%D0%B0%D0%BA%D0%BE%D0%BD._%D0%9F%D1%80%D0%B0%D0%B3%D0%B0%2C_1519.jpg/220px-%D0%A4%D1%80%D0%B0%D0%BD%D1%86%D1%8B%D1%81%D0%BA_%D0%A1%D0%BA%D0%B0%D1%80%D1%8B%D0%BD%D0%B0._%D0%9C%D0%B0%D0%B9%D1%81%D0%B5%D0%B9_%D0%BF%D0%B5%D1%80%D0%B0%D0%B4_%D0%BD%D0%B0%D1%80%D0%BE%D0%B4%D0%B0%D0%BC._%D0%9A%D0%BD%D1%96%D0%B3%D0%B0_%D0%94%D1%80%D1%83%D0%B3%D1%96_%D0%B7%D0%B0%D0%BA%D0%BE%D0%BD._%D0%9F%D1%80%D0%B0%D0%B3%D0%B0%2C_1519.jpg)
O seu título significa segunda Lei. Recolle, basicamente, as leis polas que se rexe o pobo de Israel. Nas Biblias cristiás, atópase antes dos Libros históricos, o primeiro dos cales é o de Xosué.
Contido
editarComeza cunha sección narrativa onde relata parte dos acontecementos que seguiron á Alianza do Sinaí.
Esta narración serve de prólogo á sección central e con diferenza a máis grande, onde se recollen as leis de Israel. Son presentadas como concreción da Alianza e rexen con bastante detalles practicamente tódolos aspectos da vida, tanto pública como privada.
Remata con outra seción narrativa onde relata a fin do éxodo polo deserto e a morte de Moisés no monte Nebo, xa á vista da Terra Prometida, pero sen que Deus lle permita entrar nela.
Autor
editarDas catro fontes autoras do Pentateuco, o Deuteronomio é obra exclusiva da deuteronomista.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarLibro anterior: Números |
Deuteronomio (Pentateuco) |
Libro seguinte: Xosué |