Deusa das cobras
Chámase deusa das cobras a varias estatuas de louza vidriada atopadas en Cnosos. A máis famosa delas mide 29,5 centímetros de altura e supostamente representa unha deusa da civilización minoica, aínda que tamén se sinalou que en realidade podería representar a unha sacerdotisa. Foron datadas aproximadamente contra o 1600 a. C. Foron atopadas por un equipo de arqueólogos dirixidos por Arthur Evans en 1903, nunha estancia da á oeste do palacio de Cnosos chamada tesouraría sacra, e no presente áchanse no Museo Arqueolóxico de Heraclión (Creta).
A estatua máis coñecida é unha figura feminina ataviada cun vestido longo, de estreita cintura e cun corpiño que deixa o peito ó descuberto. En ambas as mans sostén senllas cobras e ten enriba da cabeza un felino.
Esta estatua nun principio era denominada Adoradora sen cabeza, por ser de menor tamaño que outra estatua tamén de louza vidriada á que denominaron Deusa das cobras. A estatua fora achada sen a cabeza e sen o brazo esquerdo e foi reconstruída polo equipo de Evans tomando como referencia estoutra estatua maior. A estatua maior ten tres serpes enroscadas na cintura e nas mans.[1]
Notas
editar- ↑ Joseph Alexander MacGillivray, El laberinto del Minotauro, páxina 359.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deusa das cobras |
Bibliografía
editar- Joseph Alexander MacGillivray. El laberinto del Minotauro. Barcelona, Edhasa, 2006. ISBN 84-350-2653-1