Dendragapus obscurus
Dendragapus obscurus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Dendragapus.
Dendragapus obscurus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Dendragapus obscurus, macho | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Dendragapus obscurus (Say, 1823) | |||||||||||||||||||
![]() Área de distribución de Dendragapus obscurus
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
|
É un tetraonino de tamaño mediano, propio da cordilleira das Montañas Rochosas, en América do Norte, moi semellante ao seu conxénere Dendragapus fuliginosus.
Características
editarMoi semellante e estreitamente relacionado filoxeneticamente con Dendragapus fuliginosus), antigamente ambas as especies foron consideradas como conespecíficas,[2][3][4] pero na actualidade recoñécense como especies independentes.[5]
A plumaxe dos machos adultos e predominantemente escura, e a súa cola é longa, de forma cuadrangular, e de cor gris n a porción distal. Os machos presentan unha bolsa de aire violácea na garganta, rodeada de plumas brancas, e unha carúncula vermella sobre o ollo, visíbeis durante a exhibición nupcial. As plumaxe das femias adultas é apencada, con plumas castañas con marcas brancas e castaño escuras nas partes ventrais.[3]
Hábitat e distribución
editarO hábitat de cría desta pita do monte son os bordos dos bosques de coníferas e mixtos nas rexións montañosas do oeste de Norte América, desde Alasca e Yukón até Novo México.[3]
Bioloxía
editarEstas aves on residentes permanentes, pero poden desprazarse a curtas distancias camiñando ou con voos curtos cara a áreas con bosques máis densos en inverno, co estraño hábito de moverse cara a altitudes maiores no inverno.[2]
Aliméntanse no solo, ou nas árbores en inverno. Nesta estación comen principalmente acículas de abetos e de Pseudotsuga taxifolia (abeto de Douglas) e, ocasionalmente, tamén acículas de Tsuga sp. e de Pinus sp. En verán son máis importantes outras plantas (Pteridium, Salix), bagas (Gaultheria, Mahonia, Rubus, Vaccinium) e insectos (particularmente formigas, escaravellos e saltóns).[2]
Na época de celo os machos cantan marcando os seus territorios e fan curtos voos batendo as ás para atraeren ás femias. Os niños son simpes escavacións no solo escondidos entre arbustos ou pólas de árbores caídas. As fembras deixan o territorio dos machos despois do apareamento. Os polos aliméntase de exclusivamente de insectos nos primeiros dez días de vida.[2]
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1823 polo naturalista estadounidense Thomas Say[6] nunha nota da páxina 14 do traballo Exped. Rocky Mt. [James]Phila. 2ª ed., baixo o nome de Tetrao obscurus.[7]
Etimoloxía
editarPara a do xénero, véxase Dendragapus.
O epíteto específico fai referencia á vor da súa plumaxe.
Subespecies
editarRecoñécense as seguintes subespecies:[6]
- Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873)
- Dendragapus obscurus howardi Dickey & van Rossem, 1923
- Dendragapus obscurus obscurus (Say, 1823)
- Dendragapus obscurus oreinus Behle & Selander, 1951
- Dendragapus obscurus pallidus Swarth, 1931
- Dendragapus obscurus richardsonii (Douglas, 1829)
- Dendragapus obscurus sierrae Chapman, 1904
- Dendragapus obscurus sitkensis Swarth, 1921
Controversia taxonómica
editarDadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.
Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus,[6] considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),[8] utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource (23-05-2005). Porén, o Grouse Specialist Group (Grupo de especialistas en pitas do monte) recoñece a ambas as especes, Dendragapus obscurus e Dendragapus fuliginosus, como especies independentes.[5]
Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.[9][10][11]
Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.[12]
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2016): Dendragapus obscurus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 del Hoyo, J., et al. 1994, pp. 401-402.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Sibley, D. (2000). The Sibley Guide to Birds. New York: Alfred A. Knopf. p. 143. ISBN 0-6794-5122-6. Consultado o 22 de febriero de 2019.
- ↑ Banks, R. C.; Cicero, C.; Dunn, J. L.; Kratter, A. W.; Rasmussen, P. C.; Remsen, J. V. Jr.; Rising, J. D.; Stotz, D. F. (2006). "Forty-seventh Supplement to the American Ornithologists' Union Check-list of North American Birds" (PDF). The Auk 123 (3): 926–936. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 Schroeder, M. A. 2004, pp. 4-6.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Dendragapus obscurus (Say, 1823) no ITIS.
- ↑ Dendragapus obscurus (Say, 1823) en AviBase.
- ↑ Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873) no ITIS.
- ↑ del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie D. A. & de Juana E., coords. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-415-3.
- ↑ BirdLife International (2017): Siberian Grouse. Falcipennis falcipennis na Lista vermella da UICN.
- ↑ Gallo siberiano. Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) en Avibase.
- ↑ BirdLife International (2016): Spruce Grouse. Falcipennis canadensis na Lista vermella da UICN.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dendragapus obscurus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dendragapus obscurus |
Bibliografía
editar- Barrowclough, G.; J. Growth, L. Mertz & R. Gutierrez (2004): "Phylogeographic structure, gene flow and species status in blue grouse (Dendragapus obscurus)". Molecular Ecology 13 (7): 1911-1922.
- del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J., eds. (1994): Handbook of the Birds of the World. Vol 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
- Madge, S. & McGowan, P. (2002): Pheasants, partridges and grouse: including buttonquails, sandgrouse and allies. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-3966-7.
- Schroeder, M. A. (2004): "Blue grouse Dendragapus obscurus are now considered to be two species: dusky grouse Dendragapus obscurus and sooty grouse Dendragapus fuliginosus". Newsletter of Grouse Specialist Group, 32: 4-6.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Dendragapus obscurus. Blue grouse na ADW. Con abundante información e bibliografía.
- Dusky Grouse. Dendragapus obscurus (Say 1822) na EOL.