Demografía de Chipre
Os chipriotas gregos e turcos comparten moitos costumes, mais manteñen identidades diferentes baseándose na súa relixión, idioma e lazos cos seus respectivos países de orixe. O grego é falado principalmente no sur, mentres que o turco o é no norte. O inglés está tamén bastante estendido. Chipre posúe un sistema de educación primaria e secundaria ben desenvolvido. A maior parte dos chipriotas realizan os seus estudos superiores en universidades de Grecia, Turquía, Reino Unido ou Estados Unidos. Tamén hai grandes comunidades chipriotas de emigrantes en Reino Unido e Australia. Os colexios privados e as universidades públicas foron desenvolvidas tanto pola comunidade turca como pola grega.
Datos demográficos
editarMapa de distribución étnica (2002)
Poboación: 758.363 (Xullo 2000 est.)
Pirámide de poboación:
0-14 anos:
23% (homes 91.075; mulleres 86.832)
15-64 anos:
66% (homes 252.252; mulleres 247.464)
65 e máis anos:
11% (homes 35.149; mulleres 45.591) (2000 est.)
Taxa de crecemento poboacional: 0,6% (2000 est.)
Taxa de natalidade: 13,27 nacementos/1.000 habitantes (2000 est.)
Taxa de mortaldade: 7,68 mortes/1.000 habitantes (2000 est.)
Taxa neta de migración: 0,44 migrantes/1.000 habitantes (2000 est.)
Distribución por sexo:
ao nacer:
1,05 homes/mulleres
menos de 15 anos:
1,05 homes/mulleres
15-64 anos:
1,02 homes/mulleres
65 e máis anos:
0,77 homes/mulleres
total da poboación:
1 homes/mulleres (2000 est.)
Taxa de mortaldade infantil: 8,07 mortes/1.000 nacementos vivos (2000 est.)
Expectativa de vida ao nacer:
total da poboación:
76,71 anos
homes:
74,43 anos
mulleres:
79,1 anos (2000 est.)
Taxade de fertilidade: 1,95 nenos nados/muller (2000 est.)
Grupos étnicos: Gregos 78% (99,5% dos gregos viven na área chipriota grega; 0,5% dos gregos viven na área chipriota turca), turcos 18% (1,3% dos turcos viven na a zona chipriota grega; 98,7% dos turcos viven na zona chipriota turca), outros 4% (99,2% dos demais grupos étnicos viven na área chipriota grega; 0,8% dos demais grupos étnicos viven na zona turca)
Relixións: Gregos ortodoxos 78%, Musulmáns 18%, Maronitas , Armenios apostólicos , Católicos latinos e outros 4%
Idiomas: grego, turco e inglés.
Alfabetismo:
definición:
persoas de 15 anos e máis que poden ler e escribir
total da poboación:
94%
homes:
98%
mulleres:
91% (1987 est.)