Delicias, Madrid
barrio administrativo de Madrid (25)
Delicias é o nome dun dos barrios administrativos do distrito de Arganzuela, en Madrid (España). Ten forma trapezoidal e está situado no centro do distrito, atopándose delimitado polas rúas de Bustamante e Ferrocarril ao norte, Méndez Álvaro ao leste, Bolívar, Bronce e a avenida do Planetario ao sur e as rúas de Embaixadores e Delicias ao oeste.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Concello | Madrid | ||||
Distrito | Arganzuela ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 27.613 (2018) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1,05773 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Está rodeado polos barrios, pertencentes ao mesmo distrito, de Palos de la Frontera, Atocha, Legazpi, Chopera e Acacias (no sentido das agullas do rejoj, empezando polo norte). Dentro do sistema actual de división da cidade, o distrito de Arganzuela ten o código 02 e Delicias o 25.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Delicias, Madrid ![]() |