Dejan Savićević
Dejan Savićević (Serbio Cirílico: Дејан Савићевић) nado o 15 de setembro de 1966 en Titogrado (Na RFS de Iugoslavia e actual Montenegro), foi un futbolista serbio que xogaba na demarcación de extremo esquerdo.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1966 ![]() Podgorica, Montenegro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Presidente Associação de Futebol de Montenegro (pt) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
7 de xullo de 2001 – | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Elemento Conselho da FIFA (pt) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Dejo, Il Genio, Genije ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Ateísmo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 68 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Partido político | Partido Democrático dos Socialistas de Montenegro (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Iugoslavia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
10 de xuño de 1998 | Mundial de Fútbol Francia 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1990 | Mundial de Fútbol Italia 1990 ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarComezou a súa carreira futbolística cando tiña 15 anos no equipo xuveníl do OFK Titograd. Debutou na primeira división iugoslava no FK Budućnost e gañou a súa primeira copa coa selección nacional en 1988 contra a Selección de fútbol de Turquía. Inmediatamente foi traspasado a un dos equipos máis importantes de Iugoslavia, o Estrela Vermella de Belgrado. Con este conseguiu tres títulos nacionais consecutivos en 1990, 1991 e 1992, dúas copas nacionais, 1990 e 1992, así coma unha Copa da UEFA e unha Copa Intercontinental, ámbalas dúas no ano 1991. Nese mesmo ano compartiu o segundo premio na votación para o Balón de Ouro.
O seu bo papel no equipo serbio convenceron ao AC Milan para fichalo e cubrir a vacante deixada por Marco van Basten, dándolle a oportunidade de demostrar as súas habilidades ante unha audiencia máis numerosa. Na súa primeira tempada no equipo rossoneri disputou 10 encontros e anotou catro goles. Na seguinte converteuse nun xogador máis regular levando ao Milán a gañar a Liga e a Copa de Europa, sendo nomeado coma O Xenio (Il Genio) por Berlusconi, por aquel entón presidente do club.
A súa actuación na final da Copa de Europa constituíu o seu mellor momento futbolístico e foi aclamado coma unha das mellores actuacións individuais vistas na competición, nunha vitoria que rematou cun 4-0. A seguinte tempada Savićević conseguir levar de novo ao Milán á terceira final da Copa de Europa pero non a puido xogar debido a unha lesión, a pesar de que Savicevic insistira en que xa estaba recuperado. O Milan, sen a súa creatividade, perdeu nunha final irregular ante o Ajax por 1-0.
Co Milan gañou sete trofeos, incluíndo tres scudettos, dúas Copas de Europa e unha Supercopa de Europa, mais foi moi criticado polos medios italianos por non esforzarse nos encontros contra os equipos modestos e as súas intervencións irregulares, aínda que no seu día foi un dos mellores xogadores do mundo.
Logo de retirarse, Savićević adestrou á Selección de fútbol de Iugoslavia e máis tarde á Selección de fútbol de Serbia e Montenegro. Retirouse no 2003 despois de perder 2-1 contra a Selección de fútbol de Azerbaijan no partido de clasificación para a Eurocopa de 2004.